Diseño de interiores

Deseño de interiores

Grao

Deseño de interiores

1º CURSO DESEÑO DE INTERIORES
Materia Disciplina Carácter Tipo Horas clase/semana Horas clase/curso Créditos ECTS
Fundamentos do deseño Fundamentos do deseño F. B. T.P. 2 72 4
Deseño básico F. B. T.P. 3 108 8
Linguaxes e técnicas de comunicación e representación Debuxo artístico F. B. T.P. 5 180 10
Volume F. B. T.P. 4 144 8
Sistemas de representación F. B. T.P. 2 72 6
Tecnoloxía dixital F. B. T.P. 3 108 6
Historia das artes e o deseño Historia das artes e o deseño F. B. T. 3 108 6
Ciencia aplicada ao deseño Ciencia aplicada ao deseño F. B. T. 2 72 6
Proxectos de deseño de interiores Debuxo técnico aplicado ao deseño de interiores O.E. T.P. 3 108 6
TOTAIS 27 972 60
2º CURSO DESEÑO DE INTERIORES
Materia Disciplina Carácter Tipo Horas clase/semana Horas clase/curso Créditos ECTS
Proxectos de deseño de interiores Proxectos de deseño de interiores I  O.E. T.P. 6 216 16
Tecnoloxía dixital aplicada I O.E. T.P. 3 108 6
Materiais e tecnoloxía aplicada ao deseño de interiores Construción I O.E. T.P. 4 144 8
Materiais O.E. T.P. 3 108 6
Instalacións I O.E. T.P. 4 144 8
Cultura do deseño Cultura do deseño F.B. T. 2 72 6
Xestión do deseño Organización e lexislación F.B. T. 2 72 4
Optativas (debe escollerse 1) Cor e forma no espazo tridimensional
Taller de volume
O.P. T.P. 2 72 6
TOTAIS 26 936 60
3º CURSO DESEÑO DE INTERIORES
Materia Disciplina Carácter Tipo Horas clase/semana Horas clase/curso Créditos ECTS
Proxectos de deseño de interiores Proxectos de deseño de interiores II O.E. T.P. 6 216 16
Tecnoloxía dixital aplicada II O.E. P. 3 108 6
Materiais e tecnoloxía aplicada ao deseño de interiores Construción II O.E. T.P. 4 144 10
Instalacións II O.E. T.P. 3 108 8
 Historia do deseño de interiores Historia do deseño de interiores O.E. T.P. 2 72 4
Xestión do deseño de interiores Economía O.E. T. 2 72 4
Optativas (deben escollerse 2) Arquitectura efémera
Deseño de interior e comunicación
O espazo fotografado
Xardinería
O.P. T.P. 2 72 6
TOTAIS 24 864 60
4º CURSO DESEÑO DE INTERIORES
Materia Disciplina Carácter Tipo Horas clase/semana Horas clase/curso Créditos ECTS
Materiais e tecnoloxía aplicada ao deseño de interiores Medicións O.E. T.P. 4 72 6
Xestión do deseño de interiores Prácticas externas O.E. P. —– —– 12
Optativas (deben escollerse 2) Deseño do moble
Rehabilitación
Taller de Instalacións
Dirección de Obras de Interiores
O.P. T.P. 4 72 6
Proxectos de deseño de interiores Proxectos de deseño de interiores III O.E. T.P. 4 72 12
Traballo de fin de estudos O.E. T.P. 4 72 18
TOTAIS —– 360 60

Carácter: carácter da disciplina, (F.B. : formación básica, O.E. : obrigatoria na especialidade, O.P. : disciplinas optativas).

Tipo: (T. : teórica; T.P. :Teórico-Práctica, P. :Práctica)

Horas clase/semana: horas de clase programadas semanalmente coa presenza do profesor/a.

Horas clase/curso: horas totais de clase coa presenza do profesor/a ao longo do ano académico.

Créditos ECTS: créditos ECTS asociados a unha disciplina.

Que saídas profesionais ten unha persoa titulada en Deseño de Interiores?

O/A deseñador/a de interiores é un/unha profesional capaz de analizar, investigar e proxectar, dirixir equipos de proxectos e de execución de obras de deseño de interiores, así como actuar de interlocutor/a directo/a ante as administracións públicas no ámbito da súa profesión. Os ámbitos principais nos que desenvolve a súa actividade son:

  • Vivenda e deseño dos espazos interiores para o hábitat.
  • Deseño de espazos comerciais e de ocio.
  • Deseño de espazos administrativos.
  • Deseño de espazos culturais, educativos e lúdicos.
  • Deseño de espazos efémeros.
  • Paisaxismo e deseño de espazos públicos.
  • Xestión empresarial de actividades creativas.
  • Deseño dos espazos interiores dos distintos sistemas de transporte.
  • Xestión de obras, medicións, orzamentos e prevención de riscos no ámbito do deseño de interiores.
  • Dirección de obra no ámbito do deseño de interiores.
  • Investigación e docencia.

Cales son as competencias específicas das persoas tituladas en Deseño de Interiores?

E. I. 1. Xerar e materializar solucións funcionais, formais e técnicas que permitan o aproveitamento e a utilización idónea de espazos interiores.
E. I. 2. Concibir e desenvolver proxectos de deseño de interiores con criterios que comporten mellora na calidade, uso e consumo das producións.
E. I. 3. Dirixir e certificar a realización de proxectos de interiores.
E. I. 4. Analizar, interpretar, adaptar e producir información relativa á materialización dos proxectos.
E. I. 5. Resolver os problemas estéticos, funcionais, técnicos e construtivos que xurdan durante o desenvolvemento e execución do proxecto.
E. I. 6. Interrelacionar as linguaxes formal e simbólica coa funcionalidade específica.
E. I. 7. Coñecer as características, propiedades físicas e químicas e o comportamento dos materiais utilizados no deseño de interiores.
E. I. 8. Coñecer os procesos de fabricación, produción e manufacturado mais usuais nos diferentes sectores vinculados ao deseño de interiores.
E. I. 9. Adecuar a metodoloxía e as propostas á evolución tecnolóxica e industrial propia do sector.
E. I. 10. Coñecer os recursos tecnolóxicos da comunicación e as súas aplicacións ao deseño de interiores.
E. I. 11. Dominar a tecnoloxía dixital específica vinculada ao desenvolvemento e execución de proxectos de interiorismo.
E. I. 12. Coñecer o contexto económico, social, cultural e histórico no que se desenvolve o deseño de interiores.
E. I. 13. Coñecer o marco económico e organizativo no que se desenvolve a actividade empresarial do interiorismo.
E. I. 14. Comprender o marco legal e regulamentario que regula a actividade profesional, a seguridade e saúde laboral e a propiedade intelectual e industrial.
E. I. 15. Reflexionar sobre a influencia social positiva do deseño, valorar a súa incidencia na mellora da calidade de vida e do medio e a súa capacidade para xerar identidade, innovación e calidade na produción

Cal é a denominación da titulación?

A superación das ensinanzas artísticas superiores de Deseño dará lugar á obtención do Título Superior de Deseño, especialidade en Deseño Gráfico.

Este título está incluído no nivel 2 do Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior e será equivalente ao título universitario de grao.

Perfil de ingreso recomendado

A lexislación aplicable non establece un perfil de ingreso específico ou recomendable, se ben resulta aconsellable posuír un nivel de Bacharelato

Canto duran as ensinanzas superiores de deseño?

O plan de estudos conducente á obtención do Título Superior de Deseño, abrangue 4 cursos académicos cun total de 240 créditos.
Cada un dos cursos terá 60 créditos ECTS, cunha equivalencia de 25 horas por crédito, e a súa duración será de 38 semanas, incluíndo os períodos lectivos e os dedicados a outras actividades presenciais.
O tipo de ensinanza é presencial e impártese en galego e castelán.

Cantas prazas de novo ingreso se ofertan cada curso?

Cada curso poden entrar 20 prazas na especialidade de Deseño Gráfico.

Cales son os obxectivos?

As ensinanzas artísticas superiores de Deseño terán como obxectivo xeral a formación cualificada de profesionais do Deseño nos ámbitos relativos á concepción, formulación, comunicación e dirección dos proxectos propios de cada especialidade, e á creación e investigación.

Que perfil de egreso terá unha vez rematados os estudos?

O perfil do Titulado/a Superior en Deseño corresponde ao dun profesional cualificado que acadou a madureza e a formación técnica e humanística necesarias para realizar de maneira plena a opción profesional máis adecuada ás súas capacidades e intereses, mediante o desenvolvemento de competencias comúns aos estudos de Deseño e na correspondente especialidade.

Os Titulados/as Superiores en Deseño estarán capacitados para o exercicio da creación e da investigación.

Cales son os criterios de acceso e admisión? 

Para o acceso ás ensinanzas oficiais conducentes ao Título Superior en Deseño, requirirase cumprir os requisitos establecidos no artigo 12 do Real decreto 1614/2009, de 26 de outubro, e a superación da correspondente proba específica á que se refire o artigo 57.2 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación.

Para os maiores de dezaoito anos de idade que non cumpran os requisitos establecidos no citado artigo 12, a Consellería competente en materia de Educación, regulará, convocará e organizará unha proba anual que acredite que o aspirante posúe a madureza en relación cos obxectivos do bacharelato e os coñecementos, habilidades e aptitudes necesarios para cursar con aproveitamento as correspondentes ensinanzas.

A proba específica de acceso será única para as diferentes especialidades destas ensinanzas, e terá carácter unificado para todos/as os/as aspirantes.

Poderá acceder ás ensinanzas superiores de Deseño sen necesidade de realizar a proba específica de acceso quen estea en posesión dun título de Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño, na porcentaxe que a Consellería competente en materia de educación determine.

Permanencia

Non se poderá realizar matrícula na mesma especialidade durante máis de oito anos académicos nun centro oficial dependente da consellería competente en materia de ensinanzas artísticas superiores da Comunidade Autónoma de Galicia, sen prexuízo das convocatorias adicionais ou anulacións de convocatoria que lle fosen concedidas.

Pódense recoñecer créditos doutros estudos? 

Sí. Para a transferencia e recoñecemento de créditos nas ensinanzas artísticas superiores de Deseño estarase ao disposto no artigo 10 do Real decreto 633/2010, do 14 de maio, así como no artigo 14 da Orde do 21 de Novembro de 2016 polo que se regula a ordenación das ensinanzas artísticas superiores.

Onde podo atopar máis información?

O Decreto 172/2015, do 29 de outubro, pola que se establece o plan de estudos das ensinanzas artísticas superiores de Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia.

A Orde do 21 de Novembro de 2016 polo que se regula a ordenación das ensinanzas artísticas superiores.

E tamén o Real Decreto 1614/2009, de 26 de octubre, polo que se establece a ordenación das ensinanzas artísticas superiores reguladas pola Ley Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación.