Cor e forma no espazo tridimensional

Datos da disciplina

  • Tipo: Teórico-práctica (T.P)
  • Curso: 2º
  • Créditos ECTS: 6
  • Duración: Anual
  • Horas de clase semanais: 2
  • Horas de traballo non presencial: 72
  • Horas de titoría: 6

Descritores

Interrelación da forma e da cor na concepción e interpretación do espazo construido.

Relación con outras disciplinas de contidos progresivos

Non se contemlpa.

Interese da disciplina para a consecución dos obxectivos da titulación

Adquirir coñecementos sobre a interrelación da forma e a cor na concepción e interpretación do espazo construido.

Usar correctamente e coñecer diferentes recursos gráfico-plásticos e técnicos para a aplicación da cor, para completar proxectos no ámbito do deseño de interiores.

Metodoloxía

Actividades introductorias
Explicación aos alumnos/as do desenvolvemento da materia ao longo do curso, incidindo nas competencias e nos contidos que se traballan, a metodoloxía e o sistema de avaliación.

Exposición maxistral
Explicación por parte do profesorado na aula dos contidos dos temas ou unidades didácticas enumeradas.

Prácticas presenciais
Resolución por parte do alumnado dos exercicios prácticos propostos en cada tema, a partires dos contidos teóricos.

Prácticas non presenciais
Resolución por parte do alumnado das actividades e problemas propostos nalgúns temas mediante traballos autoxestionados onde completará os coñecementos teórico-prácticos.

Exposición e debate
Exposición e defensa por parte do alumnado de algún dos traballos realizados ao longo do curso.

Titorías docentes
A súa finalidade é resolver dúbidas, tutelar e coordinar as prácticas.

Actividades de avaliación

Formativa

  • Comprende o funcionamento cognitivo fronte as tarefas.
  • Adaptar os procesos aos progresos e dificultades.

Sumativa

  • Comprobar si se adquiriron as competencias previas.
  • Establecer balances dos resultados.

Actividades complementarias
Actividades realizadas para complementar a formación, academicamente dirixidas, relacionadas cos contidos e realizadas no centro ou fora del.

Acadar as competencias traversais, xerais e específicas da titulación durante o desenvolvemento da disciplina.

Competencias transversais

T.1. Organizar e planificar o traballo de forma eficiente e motivadora.

T.2. Recoller información significativa, analizala, sintetizala e xestionala adecuadamente.

T.3. Solucionar problemas e tomar decisións que respondan aos obxectivos do traballo que se realiza.

T.4. Utilizar eficientemente as tecnoloxías da información e a comunicación.

T.7. Utilizar as habilidades comunicativas e a crítica construtiva no traballo en equipo.

T.13. Buscar a excelencia e a calidade na súa actividade profesional.

Competencias xerais

X.1. Concibir, planificar e desenvolver proxectos de deseño de acordo cos requisitos e condicionamentos técnicos, funcionais, estéticos e comunicativos.

X.2. Dominar as linguaxes e recursos expresivos da representación e a comunicación.

X.3. Establecer relacións entre a linguaxe formal, a linguaxe simbólica e a funcionalidade específica.

X.5. Actuar como mediadores entre a tecnoloxía e a arte, as ideas e os fins, a cultura e o comercio.

Competencias específicas da titulación

E.G.1. Xerar, desenvolver e materializar ideas, conceptos e imaxes para programas comunicativos complexos.

E.G.2. Dominar os recursos formais da expresión e a comunicación visual.

E.I.1. Xerar e materializar solucións funcionais, formais e técnicas que permitan o aproveitamento e a utilización idónea de espazos interiores.

E.I.5. Resolver os problemas estéticos, funcionais, técnicos e constructivos que xurdan durante o desenvolvemento e execución do proxecto.

E.I.6. Interrelacionar as linguaxes formal e simbólica coa funcionalidade específica.

E.I.11. CDominar a tecnoloxía dixital específica vinculada ao desenvolvemento e execución do proxectos de interiores.

Contidos

  • Sistemas cromáticos. Aspectos perceptivos, representativos e simbólicos da cor.
  • Técnicas de aplicación. Características da cor: luminosidade, tono, saturación. Gamas, harmonías e contrastes cromáticos.
  • Luz e cor aplicadas ao ambiente. Representación do espazo xogando co efecto cromático, claroscuro e ambiental. Interpretación do espazo mediante exercicios onde interveñan a relación da forma, da cor e da luz.
  • A forma e a composición no espazo construido.
  • Texturas e cualidades dos materiais.

Organización

Distribución horaria

A ensinanza é de caracter presencial e asistencia obrigatoria.
A avaliación é continua e o alumno/a disporá de dúas convocatorias por ano académico, ordinaria e extraordinaria.