Este sitio web utiliza cookies para que podamos brindarlle a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando regresa ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web resúltanlle máis interesantes e útiles.
- Web escolas: eapicasso.com
- Mail: escola.arte.pablo.picasso@edu.xunta.es
- Materia: Optativa
- Disciplina: Deseño de interior e comunicación
- Carácter: Optativa
- Tipo: Teórico-Práctica (T.P.)
- Curso: 3º
- Créditos ECTS: 6
- Duración: Anual
- Horas de clase semanais: 2
- Horas de traballo non presencial: 72
- Horas de titoría: 6
Descritores
Interpretar as claves da comunicación e a imaxe de marca, e a súa incidencia no deseño de interior.
Deseño corporatico. Imaxe de marca. Arquitectura, comunicación, identidade. Arquitectura de franquicia. Información e comunicación do producto. Comunicación interna. Sinalética. Proxectos específicos.
Relación con outras disciplinas de contidos progresivos
Non se contempla.
Interese da disciplina para a consecución dos obxectivos da titulación
Conectar a práctica do deseño de interiores con estratexias de comunicación coa finalidade de aportar claves visuais que faciliten os usuarios dun espazo interpretalo segundo os obxectivos que motivaron a intervención do deseñador.
Afondar no dominio dos recursos formais da expresión e a comunicación visual aplicados a diferentes proxectos de deseño de interiores: espazos comerciais ou de servicio público de diferente escala nos que a intervención do deseñador de interiores contribúe a comunicar a identidade institucional, promocionar valores ou actitudes entre os usuarios, informar sobre funcións ou usos do espazo, así como tamén organizar a circulación e o tránsito de colectivos heteroxéneos de persoas.
Metodoloxía
Actividades introductorias
Explicación aos alumnos/as do desenvolvemento da materia ao longo do curso, incidindo nas competencias e nos contidos que se traballan, a metodoloxía e o sistema de avaliación.
Exposición maxistral
Explicación por parte do profesorado na aula dos contidos dos temas ou unidades didácticas enumeradas.
Prácticas presenciais
Resolución por parte do alumnado dos exercicios prácticos propostos en cada tema, a partires dos contidos teóricos.
Prácticas non presenciais
Resolución por parte do alumnado das actividades e problemas propostos nalgúns temas mediante traballos autoxestionados onde completará os coñecementos teórico-prácticos.
Exposición e debate
Exposición e defensa por parte do alumnado de algún dos traballos realizados ao longo do curso.
Titorías docentes
A súa finalidade é resolver dúbidas, tutelar e coordinar as prácticas.
Actividades de avaliación
Formativa
- Comprende o funcionamento cognitivo fronte as tarefas.
- Adaptar os procesos aos progresos e dificultades.
Sumativa
- Comprobar si se adquiriron as competencias previas.
- Establecer balances dos resultados.
Actividades complementarias
Actividades realizadas para complementar a formación, academicamente dirixidas, relacionadas cos contidos e realizadas no centro ou fora del.
Acadar as competencias traversais, xerais e específicas da titulación durante o desenvolvemento da disciplina.
Competencias transversais
Organizar e planificar o traballo de forma eficiente e motivadora.
Recoller información significativa, analizala, sintetizala e xestionala adecuadamente.
Solucionar problemas e tomar decisións que respondan aos obxectivos do traballo que se realiza.
Utilizar eficientemente as tecnoloxías da información e a comunicación.
Realizar autocrítica cara o propio desempeño profesional e interpersoal.
Utilizar as habilidades comunicativas e a crítica construtiva no traballo en equipo.
Desenvolver razoada e criticamente ideas e argumentos.
Buscar a excelencia e a calidade na súa actividade profesional.
Dominar a metodoloxía de investigación na xeración de proxectos, ideas e solucións viables.
Competencias xerais
Concibir, planificar e desenvolver proxectos de deseño de acordo cos requisitos e condicionamentos técnicos, funcionais, estéticos e comunicativos.
Dominar as linguaxes e recursos expresivos da representación e a comunicación.
Establecer relacións entre a linguaxe formal, a linguaxe simbólica e a funcionalidade específica.
Promover o coñecemento dos aspectos históricos, éticos, sociais e culturais do deseño.
Comprender o comportamento dos elementos que interveñen no proceso comunicativo, dominar os recursos tecnolóxicos da comunicación e valorar a súa influencia nos procesos e produtos do deseño.
Dominar a metodoloxía de investigación.
Competencias específicas da titulación
- Analizar, interpretar, adaptar e producir información relativa á materialización dos proxectos.
- Interrelacionar as linguaxes formal e simbólica coa funcionalidade específica.
- Coñecer o contexto económico, social, cultural e histórico no que se desenvolve o deseño de interiores.
- Reflexionar sobre a influencia social positiva do deseño, valorar a súa incidencia na mellora da calidade de vida e do medio e a súa capacidade para xerar identidade, innovación e calidade na produción.
- Xerar, desenvolver e materializar ideas, conceptos e imaxes para programas comunicativos complexos.
- Dominar os recursos formais da expresión e a comunicación visual.
Contidos
INTRODUCCIÓN Á COMUNICACIÓN
A comunicación nos procesos de deseño. Semiótica e deseño de interiores
COMUNICACIÓN NO PUNTO DE VENTA
Visual Merchandising. Disposición do mobiliario.Zoas de circulación.
O rótulo comercial. Introdución a técnicas de deseño de escaparates
A IMAXE DE MARCA
Conceptos de imaxe e identidade. Naming, Branding, Marketing, Publicidade…
A comunicación corporativa. Metodoloxía no deseño dun programa de identidade corporativa
SINALÉTICA
Sinalización e Sinalética. Pictografía, tipografía, cor
Aspectos físicos e ergonómicos. Integración da gráfica no contorno
Organización
Distribución horaria
A ensinanza é de caracter presencial e asistencia obrigatoria.
A avaliación é continua e o alumno/a disporá de dúas convocatorias por ano académico, ordinaria e extraordinaria.