Este sitio web utiliza cookies para que podamos brindarlle a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando regresa ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web resúltanlle máis interesantes e útiles.
- Web escolas: eapicasso.com
- Mail: escola.arte.pablo.picasso@edu.xunta.es
- Materia: Xestión do deseño gráfico
- Disciplina: Prácticas externas
- Carácter: Obrigatoria na especialidade (O.E.)
- Tipo: Práctica (P.)
- Curso: 4º
- Créditos ECTS: 12
- Duración: Cuadrimestral
Aplicación e complementación das competencias profesionais adquiridas no centro educativo.
Competencias transversais
T.1. Organizar e planificar o traballo de forma eficiente e motivadora.
T.2. Recoller información significativa, analizala, sintetizala e xestionala adecuadamente.
T.3. Solucionar problemas e tomar decisións que respondan aos obxectivos do traballo que se realiza.
T.4. Utilizar eficientemente as tecnoloxías da información e da comunicación.
T.7. Utilizar as habilidades comunicativas e a crítica construtiva no traballo en equipo.
T.10. Liderar e xestionar grupos de traballo.
Competencias xerais
X.5. Actuar como mediadores/as entre a tecnoloxía e a arte, as ideas e os fins, a cultura e o comercio.
X.13. Coñecer o contexto económico, social e cultural en que ten lugar o deseño.
X.20. Comprender o comportamento dos elementos que interveñen no proceso comunicativo, dominar os recursos tecnolóxicos da comunicación e valorar a súa influencia nos procesos e produtos do deseño.
X.22. Analizar, avaliar e verificar a viabilidade produtiva dos proxectos, desde criterios de innovación, xestión empresarial e demandas de mercado.
Competencias específicas da titulación
E.G.13. Coñecer o contexto económico, social, cultural e histórico en que se desenvolve o deseño gráfico.
E.G.14. Comprender o marco legal e regulamentario que regula a actividade profesional, a seguridade e saúde laboral e a propiedade intelectual e industrial.
E.G.15. Reflexionar sobre a influencia social positiva do deseño, valorar a súa incidencia na mellora da calidade de vida e do ambiente e a súa capacidade para xerar identidade, innovación e calidade na produción.
Contidos
- Elementos básicos da xestión empresarial.
- Relacións entre o deseño e a empresa.
- Fundamentos da xestión do deseño na empresa.
- Características do sector do deseño e da comunicación.
- Principios do marketing e a comunicación do deseño.
Organización
Distribución horaria
A ensinanza é de carácter presencial e asistencia obrigatoria.
As PE serán avaliadas e cualificadas polo titor correspondente de acordo cos criterios fixados polo departamento, e tendo en conta o informe do/da responsable das PE por parte da empresa ou institución, e establecidas na programación docente.
coñecer toda a normativa que regula as prácticas en empresas e descargar os formularios para solicitalas, visitade o apartado de Empresas / FCT Alumnado da nosa páxina web.