Este sitio web utiliza cookies para que podamos brindarlle a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando regresa ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web resúltanlle máis interesantes e útiles.
- Web escolas: eapicasso.com
- Mail: escola.arte.pablo.picasso@edu.xunta.es
- Materia: Optativa
- Disciplina: Taller de volume
- Carácter: Optativa (Op)
- Tipo: Teórico-práctica (T.P)
- Curso: 2º
- Créditos ECTS: 6
- Duración: Anual
- Horas de clase semanais: 2
- Horas de traballo non presencial: 72
- Horas de titoría: 6
Descritores
Realización de maquetas de traballo, volumétricas e miméticas de proxectos propios do deseño de interiores.
Investigación do volume e a concepción espacial.
Perfeccionamento das técnicas instrumentais da estrutura, a expresión e a representación bidimensional e tridimensional.
Métodos de investigación e experimentación propios da materia.
Relación con outras disciplinas de contidos progresivos
Non se contempla.
Interese da disciplina para a consecución dos obxectivos da titulación
Dotar ao alumnado das habilidades precisas para a investigación do aspecto volumétrico, como parte integrante no proceso proxectual en deseño de interiores.
Profundizar nos coñecementos e destrezas acadados na disciplina de Volume, do 1º curso, ao obxecto de que o alumnado mellore a súa habilidade para optimizar o proceso proxectual, a súa comprensión espacial e a relación entre o proxectado, a expresión gráfica, a expresión volumétrica e a realización.
Metodoloxía
Actividades introductorias
Explicación aos alumnos/as do desenvolvemento da materia ao longo do curso, incidindo nas competencias e nos contidos que se traballan, a metodoloxía e o sistema de avaliación.
Exposición maxistral
Explicación por parte do profesorado na aula dos contidos dos temas ou unidades didácticas enumeradas.
Prácticas presenciais
Resolución por parte do alumnado dos exercicios prácticos propostos en cada tema, a partires dos contidos teóricos.
Prácticas non presenciais
Resolución por parte do alumnado das actividades e problemas propostos nalgúns temas mediante traballos autoxestionados onde completará os coñecementos teórico-prácticos.
Exposición e debate
Exposición e defensa por parte do alumnado de algún dos traballos realizados ao longo do curso.
Titorías docentes
A súa finalidade é resolver dúbidas, tutelar e coordinar as prácticas.
Actividades de avaliación
Formativa
- Comprende o funcionamento cognitivo fronte as tarefas.
- Adaptar os procesos aos progresos e dificultades.
Sumativa
- Comprobar si se adquiriron as competencias previas.
- Establecer balances dos resultados.
Actividades complementarias
Actividades realizadas para complementar a formación, academicamente dirixidas, relacionadas cos contidos e realizadas no centro ou fora del.
Acadar as competencias traversais, xerais e específicas da titulación durante o desenvolvemento da disciplina.
Competencias transversais
T.1. Organizar o trabalo de forma eficaz e eficiente.
T.2. Recoller información significativa, analizala, sintetizala e xestionala.
T.3. Solucionar problemas e tomar decisións que respondan aos obxectivos do traballo que se realiza.
T.6. Realizar autocrítica cara ao propio desempeño profesional e interpersoal.
T.8. Desenvolver razoada e criticamente ideas e argumentos.
T.14. Dominar a metodoloxía de investigación na xeración de proxectos, ideas e solucións viables.
T.16. Usar os medios e recursos ao seu alcance con responsabilidade cara ao patrimonio cultural e medioambiental.
Competencias xerais
X.2. Dominar as linguaxes e recursos expresivos da representación e a comunicación.
X.3. Establecer relacións entre a linguaxe formal, a linguaxe simbólica e a funcionalidade específica.
X.4. Ter unha visión científica sobre a percepción e o compòrtamento da forma, da materia, do espazo, do movemento e da cor.
X.8. Propoñer estratexias de investigación e innovación para resolver expectativas centradas en funcións, necesidades e materiais.
X.18. Optimizar a utilización dos recursos necesarios para alcanzar os obxectivos previstos.
X.19. Demostrar capacidade crítica e saber formular estratexias de investigación.
X.21. Dominar a metodoloxía de investigación.
Competencias específicas da titulación
E.I.1. Xerar e materializar solucións funcionais, formais e técnicas que permitan o aproveitamento e a utilización de espazos interiores.
E.I.2. Concibir e desenvolver proxecrtos de deseño de interiores con criterios que comporten mellora na calidade, uso e consumo dos produtos.
E.I.4. Analizar, interpretar, adaptar e producir información relativa á materialización dos proxectos.
E.I.7. Coñecer as características, propiedades físicas e químicas e o comportamento dos materiais utilizados no deseño de interiores.
E.I.9. Adecuar a metodoloxía e as propostas á evolución tecnolóxica e industrial propia do sector.
E.I.16. Dominar os recursos formais da expresión e a comunicación visual.
E.I.17. Comprender e utilizar a capacidade de significación da linguaxe gráfica.4.1. Competencias transversais
T.1. Organizar o trabalo de forma eficaz e eficiente.
T.2. Recoller información significativa, analizala, sintetizala e xestionala.
T.3. Solucionar problemas e tomar decisións que respondan aos obxectivos do traballo que se realiza.
T.6. Realizar autocrítica cara ao propio desempeño profesional e interpersoal.
T.8. Desenvolver razoada e criticamente ideas e argumentos.
T.14. Dominar a metodoloxía de investigación na xeración de proxectos, ideas e solucións viables.
T.16. Usar os medios e recursos ao seu alcance con responsabilidade cara ao patrimonio cultural e medioambiental.
Contidos
- O concepto de maqueta no interiorismo: Clases de maquetas. Tipos de maqueta segundo a súa finalidade.
- Materiais. Planificación do traballo. Procedemento e técnicas. Obtención da información.
- Realización de maquetas: elección de escala/s. Materiais e procedementos específicos.
- Realización de maquetas: acabado, presentación,defensa e conservación.
Organización
Distribución horaria
A ensinanza é de caracter presencial e asistencia obrigatoria.
A avaliación é continua e o alumno/a disporá de dúas convocatorias por ano académico, ordinaria e extraordinaria.