Tecnoloxía dixital

Datos da disciplina

  • Tipo: T.P. (Teórico – Práctica)
  • Curso: 1º
  • Créditos ECTS: 6
  • Duración: Anual
  • Horas de clase semanais: 3
  • Horas de traballo non presencial: 36
  • Horas de titoría: 6

Descritores

Representación gráfica mediante a tecnoloxía dixital.
Coñecemento de software aplicable ás dúas dimensións, aplicación na elaboración de proxectos.
Coñecemento e análise das distintas técnicas de presentación dixital: maquetación.
Métodos de investigación e experimentación propios da materia.

Relación con outras disciplinas de contidos progresivos

Esta disciplina ten contidos progresivos coa de Tecnoloxía dixital aplicada I de 2º curso e a de Tecnoloxía dixital aplicada II de 3º curso.

Interese da disciplina para a consecución dos obxectivos da titulación

Por en práctica o uso de representación gráfica mediante a tecnoloxía dixital, así como inciarse nos diferentes softwares de representación 2D e 3D.
Dominar os conceptos, a teminoloxía básico e as técnicas aplicables no campo da tecnoloxía dixital para a elaboración de proxectos de deseño.

Metodoloxía

Actividades introductorias
Explicación aos alumnos/as do desenvolvemento da materia ao longo do curso, incidindo nas competencias e nos contidos que se traballan, a metodoloxía e o sistema de avaliación.

Exposición maxistral
Explicación por parte do profesorado na aula dos contidos dos temas ou unidades didácticas enumeradas.

Prácticas presenciais
Resolución por parte do alumnado dos exercicios prácticos propostos en cada tema, a partires dos contidos teóricos.

Prácticas non presenciais
Resolución por parte do alumnado das actividades e problemas propostos nalgúns temas mediante traballos autoxestionados onde completará os coñecementos teórico-prácticos.

Exposición e debate
Exposición e defensa por parte do alumnado de algún dos traballos realizados ao longo do curso.

Titorías docentes
A súa finalidade é resolver dúbidas, tutelar e coordinar as prácticas.

Actividades de avaliación

Formativa

  • Comprende o funcionamento cognitivo fronte as tarefas.
  • Adaptar os procesos aos progresos e dificultades.

Sumativa

  • Comprobar si se adquiriron as competencias previas.
  • Establecer balances dos resultados.

Actividades complementarias
Actividades realizadas para complementar a formación, academicamente dirixidas, relacionadas cos contidos e realizadas no centro ou fora del.

Acadar as competencias traversais, xerais e específicas da titulación durante o desenvolvemento da disciplina.

Competencias transversais

T.1. Organizar e planificar o traballo de forma eficiente e motivadora.

T.3. Solucionar problemas e tomar decisións que respondan aos obxectivos do traballo que se realiza.

T.4. Utilizar eficientemente as tecnoloxías da información e a comunicación.

T.12. Adaptarse, en condicións de competitividade aos cambios culturais,sociais e artísticos e aos avances que se producen no ámbito profesional e seleccionar as canles adecuadas de formación continuada.

T.15. Traballar de forma autónoma e valorar a importancia da iniciativa e o espírito emprendedor no exercicio profesional.

Competencias xerais

X.2. Dominar as linguaxes e recursos expresivos da representación e a comunicación.

X.3. Establecer relacións entre a linguaxe formal, a linguaxe simbólica e a funcionalidade específica.

X.10. Ser capaces de adaptarse aos cambios e á evolución tecnolóxica industrial.

X.18. Optimizar a utilización dos recursos necesarios para alcanzar os obxectivos previstos.

X.20. Comprender o comportamento dos elementos que interveñen no proceso comunicativo, dominar os recursos tecnolóxicos da comunicación e valorar a súa influencia nos procesos e produtos do deseño.

Competencias específicas da titulación

E.I.4. Analizar, interpretar, adaptar e producir información relativa á materialización dos proxectos.

E.I.9. Adecuar a metodoloxía e as propostas á evolución tecnolóxica e industrial propia do sector.

E.I.10. Coñecer os recursos tecnolóxicos da comunicación e as súas aplicacións ao deseño de interiores.

E.I.11. Dominar a tecnoloxía dixital específica vinculada ao desenvolvemento e execución de proxectos de interiorismo.

Contidos

  • Conceptos xerais da informática: hardware e software.
  • Formatos de arquivo.
  • Procesadores de textos e follas de cálculo.
  • Software de aplicación no deseño: deseño vectorial, edición fotográfica, maquetación e 3D.

Organización

Distribución horaria

A ensinanza é de caracter presencial e asistencia obrigatoria.
A avaliación é continua e o alumno/a disporá de dúas convocatorias por ano académico, ordinaria e extraordinaria.