Este sitio web utiliza cookies para que podamos brindarlle a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando regresa ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web resúltanlle máis interesantes e útiles.
- Web escolas: eapicasso.com
- Mail: escola.arte.pablo.picasso@edu.xunta.es
- Materia: Proxectos de deseño gráfico
- Disciplina: Traballo fin de estudos
- Carácter: Obrigatoria na especialidade (O.E.)
- Tipo: Teórico-práctica (T.P)
- Curso: 4º
- Créditos ECTS: 18
- Duración: Cuadrimestral (450 horas)
- Horas de clase semanais: 4 (72 totais)
- Horas de traballo non presencial: 360
- Horas de titoría: 18
Descritores
Elaboración dun proxecto de comunicación gráfica global de xeito individual polo/a alumno/a para demostrar que está capacitado/a para desempeñar unha actividade profesional no campo do deseño gráfico.
Relación con outras disciplinas de contidos progresivos
Esta disciplina non ten relación con outras disciplinas de contidos progresivos.
Metodoloxía
Actividades introductorias
Explicación aos alumnos/as do desenvolvemento da materia ao longo do curso, incidindo nas competencias e nos contidos que se traballan, a metodoloxía e o sistema de avaliación.
Prácticas non presenciais
Resolución por parte do alumnado do traballo fin de estudos a realizar.
Exposición e debate
Exposición e defensa por parte do alumnado de algún dos traballos realizados ao longo do curso.
Titorías docentes
A súa finalidade é resolver dúbidas, tutelar e coordinar o desenvolvemento do traballo.
Acadar as competencias traversais, xerais e específicas da titulación durante o desenvolvemento da disciplina.
Competencias transversais
T. 1. Organizar e planificar o traballo de forma eficiente e motivadora.
T. 2. Recoller información significativa, analizala, sintetizala e xestionala adecuadamente.
T. 3. Solucionar problemas e tomar decisións que respondan aos obxectivos do traballo que se realiza.
T. 4. Utilizar eficientemente as tecnoloxías da información e a comunicación.
T. 8. Desenvolver razoada e criticamente ideas e argumentos.
T. 11. Desenvolver na práctica laboral unha ética profesional baseada na apreciación e sensibilidade estética, medioambiental e cara a diversidade.
T. 13. Buscar a excelencia e a calidade na súa actividade profesional.
T. 15. Traballar de forma autónoma e valorar a importancia da iniciativa e o espírito emprendedor no exercicio profesional.
T. 16. Usar os medios e recursos ao seu alcance con responsabilidade cara ao patrimonio cultural e medioambiental.
T. 17. Contribuír coa súa actividade profesional á sensibilización social da importancia do patrimonio cultural, a súa incidencia nos diferentes ámbitos e a súa capacidade de xerar valores significativos.
Competencias xerais
X. 1. Concibir, planificar e desenvolver proxectos de deseño de acordo cos requisitos e condicionamentos técnicos, funcionais, estéticos e comunicativos.
X. 2. Dominar as linguaxes e recursos expresivos da representación e a comunicación.
X. 4. Ter unha visión científica sobre a percepción e o comportamento da forma, da materia, do espazo, do movemento e da cor.
X. 5. Actuar como mediadores entre a tecnoloxía e a arte, as ideas e os fins, a cultura e o comercio.
X. 16. Ser capaces de encontrar solucións ambientalmente sostibles.
X. 17. Propoñer, avaliar e desenvolver estratexias de aprendizaxe adecuadas ao logro de obxectivos persoais e profesionais.
X. 20. Comprender o comportamento dos elementos que interveñen no proceso comunicativo, dominar os recursos tecnolóxicos da comunicación e valorar a súa influencia nos procesos e produtos do deseño.
X. 21. Dominar a metodoloxía de investigación.
Competencias específicas da titulación
E.G.1. Xerar, desenvolver e materializar ideas, conceptos e imaxes para programas comunicativos complexos.
E.G.4. Dominar os procedementos de creación de códigos comunicativos.
E.G.5. Establecer estruturas organizativas da información.
E.G.12. Dominar a tecnoloxía dixital para o tratamento de imaxes, textos e sons.
E.G.15. Reflexionar sobre a influencia social positiva do deseño, valorar a súa incidencia na mellora da calidade de vida e do ambiente e a súa capacidade para xerar identidade, innovación e calidade na produción.
Contidos
O alumnado deberá propor e defender ante o tribunal a proposta de TFE que pretende desenvolver. O contido estará relacionado co curriculo académico e o itinerario formativo seguido polo alumno. Trátase dun traballo de caracter profesional relacionado cos distintos ámbitos de exercicio para os que capacita o título.
O alumnado do TFE contará coa titoría dun docente da especialidade que o asesorará durante o desenvolvemento do traballo. A función dos titores consistirá en realizar un seguimento do traballo do alumno, guiando a elaboración, presentación e defensa do TFE, e emitir un informe ao tribunal sobre a evolución dos seus titorados.
Organización
Elaboración dun proxecto de comunicación gráfica global de xeito individual polo/a alumno/a para demostrar que está capacitado/a para desempeñar unha actividade profesional no campo do deseño gráfico.
Criterios de avaliación
Na avaliación do TFE considerarase o informe emitido polo titor, a memoria descritiva e xustificativa do traballo e a defensa oral do mesmo realizada polo alumnado. Os criterios polos que se procederá á avaliación agrúpanse nos seguintes bloques:
- Bloque 1: investigación, análise e estratexia
- Bloque 2: ideación, avaliación de alternativas e desenvolvemento de solucións
- Bloque 3: estudo de viabilidade técnica e económica