Este sitio web utiliza cookies para que podamos brindarlle a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando regresa ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web resúltanlle máis interesantes e útiles.
- Web escolas: eapicasso.com
- Mail: escola.arte.pablo.picasso@edu.xunta.es
- Materia: Linguaxes e técnicas de representación e comunicación
- Disciplina: Volume
- Carácter: Formación básica (F.B.)
- Tipo: Teórico-práctica (T.P.)
- Curso: 1º
- Créditos ECTS: 8
- Duración: Anual
- Horas de clase semanais: 4
- Horas de traballo non presencial: 48
- Horas de titoría: 8
Descritores
Investigación do volume e a concepción espacial.
Técnicas instrumentais da estrutura, a expresión e a representación bidimensional e tridimensional.
Relación recíproca entre a técnica e a materia.
Métodos de investigación e experimentación propios da materia.
Relación con outras disciplinas de contidos progresivos
Esta disciplina non ten relación con outras de contidos progresivos.
Interese da disciplina para a consecución dos obxectivos da titulación
É unha disciplina que capacita ao alumnado para a comprensión da realidade tridimensional, a relación dos conceptos de espazo e volume así como da contorna, das formas e o espazo no que se inscriben. Permite establecer as relacións xeométricas e constructivas entre o plano e o espazo por medio do desenvolvemento de corpos xeométricos tridimensionais, así como dominar as técnicas básicas necesarias para a materialización de conceptos tridimensionais, en especial aqueles que lle sexan útiles dentro do seu campo profesional.
Metodoloxía
Actividades introductorias
Explicación aos alumnos/as do desenvolvemento da materia ao longo do curso, incidindo nas competencias e nos contidos que se traballan, a metodoloxía e o sistema de avaliación.
Exposición maxistral
Explicación por parte do profesorado na aula dos contidos dos temas ou unidades didácticas enumeradas.
Prácticas presenciais
Resolución por parte do alumnado dos exercicios prácticos propostos en cada tema, a partires dos contidos teóricos.
Prácticas non presenciais
Resolución por parte do alumnado das actividades e problemas propostos nalgúns temas mediante traballos autoxestionados onde completará os coñecementos teórico-prácticos.
Exposición e debate
Exposición e defensa por parte do alumnado de algún dos traballos realizados ao longo do curso.
Titorías docentes
A súa finalidade é resolver dúbidas, tutelar e coordinar as prácticas.
Actividades de avaliación
Formativa
- Comprende o funcionamento cognitivo fronte as tarefas.
- Adaptar os procesos aos progresos e dificultades.
Sumativa
- Comprobar si se adquiriron as competencias previas.
- Establecer balances dos resultados.
Actividades complementarias
Actividades realizadas para complementar a formación, academicamente dirixidas, relacionadas cos contidos e realizadas no centro ou fora del.
Acadar as competencias traversais, xerais e específicas da titulación durante o desenvolvemento da disciplina.
Competencias transversais
T.1. Organizar e planificar o traballo de forma eficiente e motivadora.
T.2. Recoller información significativa, analizala, sintetizala e xestionala adecuadamente.
T.3. Solucionar problemas e tomar decisións que respondan aos obxectivos do traballo que se realizar.
T.4. Utilizar eficientemente as tecnoloxías da información e a comunicación.
T.8. Desenvolver razoada e criticamente ideas e argumentos
T.14. Dominar a metodoloxía de investigación na xeración de proxectos, ideas e solucións viables.
4.2. Competencias xerais
X.2. Dominar as linguaxes e recursos expresivos da representación e a comunicación.
X.4. Ter unha visión científica sobre a percepción e o comportamento da forma, da materia, do espazo, do movemento e da cor.
X.8. Propoñer estratexias de investigación e innovación para resolver expectativas centradas en funcións, necesidades e materiais.
X.18. Optimizar a utilización dos recursos necesarios para alcanzar os obxectivos previstos.
X.19. Demostrar capacidade crítica e saber formular estratexias de investigación.
X.21. Dominar a metodoloxía de investigación.
Competencias xerais
X.2. Dominar as linguaxes e recursos expresivos da representación e a comunicación.
X.4. Ter unha visión científica sobre a percepción e o comportamento da forma, da materia, do espazo, do movemento e da cor.
X.8. Propoñer estratexias de investigación e innovación para resolver expectativas centradas en funcións, necesidades e materiais.
X.18. Optimizar a utilización dos recursos necesarios para alcanzar os obxectivos previstos.
X.19. Demostrar capacidade crítica e saber formular estratexias de investigación.
X.21. Dominar a metodoloxía de investigación.
Competencias específicas da titulación
E.G.1. Xerar, desenvolver e materializar ideas, conceptos e imaxes para programas comunicativos complexos.
E.G.2. Dominar os recursos formais da expresión e a comunicación visual.
E.G.3. Comprender e utilizar a capacidade de significación da linguaxe gráfica.
Contidos
- A linguaxe tridimensional. Elementos representativos do espazo, o volume, a forma e a estructura.
- A materia e a súa manipulación: a técnica.
- Do bidimensional ao tridimensional. Xeración do volume a partir de manipulación de superficies planas. A forma modular.
- Construción de elementos tridimensionais: maquetas.
Organización
Distribución horaria
A ensinanza é de caracter presencial e asistencia obrigatoria.
A avaliación é continua e o alumno/a disporá de dúas convocatorias por ano académico, ordinaria e extraordinaria.