Xardinería

Datos da disciplina

  • Tipo: Teórico-Práctica (T.P.)
  • Curso: 3º
  • Créditos ECTS: 6
  • Duración: Anual
  • Horas de clase semanais: 2
  • Horas de traballo non presencial: 72
  • Horas de titoría: 6

Descritores

Iniciación a fotografía.
A linguaxe fotográfica na representación dos espacios en función ás necesidades da Arquitectura e do Interiorismo.
Solucións técnicas e estéticas específicas da fotografía do espazo.
Métodos de experimentación propios da materia.

Relación con outras disciplinas de contidos progresivos

Non se contempla.

Interese da disciplina para a consecución dos obxectivos da titulación

Traballar a capacidade de rexistrar, describir, transformar e analizar o espazo dende o arte fotográfico de cara a tomar imáxes de calidade de Interiorimo e Arquitectura.

Metodoloxía

Actividades introductorias
Explicación aos alumnos/as do desenvolvemento da materia ao longo do curso, incidindo nas competencias e nos contidos que se traballan, a metodoloxía e o sistema de avaliación.

Exposición maxistral
Explicación por parte do profesorado na aula dos contidos dos temas ou unidades didácticas enumeradas.

Prácticas presenciais
Resolución por parte do alumnado dos exercicios prácticos propostos en cada tema, a partires dos contidos teóricos.

Prácticas non presenciais
Resolución por parte do alumnado das actividades e problemas propostos nalgúns temas mediante traballos autoxestionados onde completará os coñecementos teórico-prácticos.

Exposición e debate
Exposición e defensa por parte do alumnado de algún dos traballos realizados ao longo do curso.

Titorías docentes
A súa finalidade é resolver dúbidas, tutelar e coordinar as prácticas.

Actividades de avaliación

Formativa

  • Comprende o funcionamento cognitivo fronte as tarefas.
  • Adaptar os procesos aos progresos e dificultades.

Sumativa

  • Comprobar si se adquiriron as competencias previas.
  • Establecer balances dos resultados.

Actividades complementarias
Actividades realizadas para complementar a formación, academicamente dirixidas, relacionadas cos contidos e realizadas no centro ou fora del.

Acadar as competencias traversais, xerais e específicas da titulación durante o desenvolvemento da disciplina.

Competencias transversais

T.2. Recoller información significativa, analizala, sintetizala e xestionala adecuadamente.

T.3. Solucionar problemas e tomar decisións que respondan aos obxectivos do traballo que se realiza.

T.4. Utilizar eficientemente as tecnoloxías da información e a comunicación.

T.15. Traballar de forma autónoma e valorar a importancia da iniciativa e o espírito emprendedor no exercicio profesional.

Competencias xerais

X.1. Concibir, planificar e desenvolver proxectos de deseño de acordo cos requisitos e condicionamentos técnicos, funcionais, estéticos e comunicativos.

X.12. Afondar na historia e a tradición das artes e o deseño.

X.7. Organizar, dirixir e/ou coordinar equipos de traballo e saber adaptarse a equipos multidisciplinares.

X.15. Coñecer procesos e materiais e coordinar a propia intervención con outros profesionais.

Competencias específicas da titulación

E.I.4. Analizar, interpretar, adaptar e producir información relativa á
materialización dos proxectos.

E.I.6. Interrelacionar as linguaxes formal e simbólica coa funcionalidade específica.

Contidos

  • Principios elementais da luz,a cor e a imáxe fotográfica.
  • A cámara fotográfica dixital: Elementos e evolución tecnolóxica ata a actualidade. Tipos de cámaras.
  • Concéptos básicos e fundamentais da fotografía dixital. O processado da imáxe no laboratório dixital.
  • Axustes.
  • Elaboración da imáxe :Regras de composición básicas.
  • Elementos básicos auxiliares da iluminación fotográfica. Iluminación de interiores.
  • Laboratorio dixital: Tratamento da imáxe.
  • Fotografía panorámica.

Organización

Distribución horaria

A ensinanza é de caracter presencial e asistencia obrigatoria.
A avaliación é continua e o alumno/a disporá de dúas convocatorias por ano académico, ordinaria e extraordinaria.