O xoves, 14 de decembro, ás 13h no Salón de Actos, visitaranos Borja Pérez Francés, ex-alumno da Escola e actual Marketing Lead en Manfred.
O tema principal da súa charla será o rol do deseño de produtos dixitais, un dos máis descoñecidos á hora de elixir un camiño profesional. Porén, é un dos máis demandados na actualidade, e tamén un dos mellor pagados.
Borja falaranos do rol e das habilidades básicas a desenvolver para traballar como deseñador de produtos dixitais e da importancia da experiencia de usuario, o punto débil que relega a interface, explicando a importancia de poñer estética de lado para mellorar a viaxe e conversión do usuario.
Pechará a súa intervención comentando ofertas de traballo, salarios medios para o cargo, plan de carreira e como crear un portfolio de deseño de produtos dixitais.