O día 30 de xaneiro celébrase o Día da Ilustración. Este ano está adicado a María Antonia Dans, pintora que comezou a súa andaina na Escola de Artes e Oficios da Coruña, da que somos herdeiros.
Para conmemorar esta data, a Escola, en colaboración coa AGPI e Bibliotecas de Galicia, organizamos unha charla co ilustrador Ramiro AMK Fernández o vindeiro mércores 1 de febreiro. A charla, aberta a todo o público, será ás 11:30h no Salón de Actos.
Ramiro AMK Fernández desenvolveuse como director de arte, ilustrador, motionographer, artista visual e hai máis de 20 anos que traballa na industria publicitaria e os efectos visuais (VFX). Dirixiu proxectos a gran escala con tecnoloxías de vangarda como proxección de mapping, interacción con kinect e deseño de holoboxes, entre outras. Actualmente dirixe equipos de desenvolvemento visual para diferentes soportes audiovisuais. Neste enlace pódese ver a súa showreel: https://youtu.be/iAQR4YTB1CA
Nesta charla falaranos sobre o proceso creativo, que é un tema sobre o que mostra gran interese e que aborda no seu podcast “A bicicleta creativa“. Ademais daranos algún consello para eliminar os obstáculos que ás veces restan liberdade á hora de crear.
Máis info:
- http://amkdirector.com/
- https://www.linkedin.com/in/ramiro-amilcar-fernandez-a3b51046/
- https://www.artstation.com/amkdirector
- https://www.instagram.com/amkdirector/
Os nosos agradecementos pola gravación e edición do vídeo a Paula Fabeiro, Aroa Rivas, David Sánchez e Jessica Vilor.