O vindeiro venres 24 de abril, ás 11h no Salón de Actos, visítanos o ilustrador Manuel Marsol dentro do programa “Debuxantes de historias. Encontros literarios nas Escolas de Arte” organizado pola Dirección general del Libro y Promoción de la Lectura del Ministerio de Cultura.

Este programa ten como obxectivo mostrar o traballo dos principais autores de banda deseñada, ilustradores, debuxantes e novelistas gráficos do noso país, o seu proceso creativo, as súas técnicas, as súas influencias e os aspectos únicos da súa práctica profesional.

“Debuxantes de historias” permite aos estudantes coñecer aos creadores en persoa, falar con eles sobre o seu traballo e obter información de primeira man sobre aspectos da práctica profesional, como o propio proceso creativo, o uso de diferentes técnicas artísticas, a diversidade de linguaxes artísticas, as súas influencias artísticas e calquera outra cousa que os instrutores e os estudantes desexen tratar durante as sesións. En definitiva, permítelles comprender mellor o que se agocha detrás desta profesión.

Charla aberta a todo o público.