O alumnado das ensinanzas artísticas profesionais de Ilustración e Dourado, Prateado e Policromía expoñen unha mostra variada das súas obras na céntrica sala de exposicións da Asociación de Artistas na Rúa Rego de Auga nº 32. A Exposición inaugúrase o día 20 de xuño ás 20:00 horas. O acto contará coa presencia do presidente da Asociación de Artistas, Miguel Zelada, e o director da EASD Pablo Picasso, Manuel Soto.
É unha boa ocasión para contemplar neste espazo unha variada mostra das capacidades desenvolvidas polo alumnado en canto aos acabados pictóricos en diferentes técnicas, dende o grafito e acuarela sobre papel, ata o verre eglomise ou óleo sobre táboa. Nestes estudos o alumnado fórmase coas técnicas tradicionais e actuais aplicables a un producto final.
En total amosaránse unhas trinta obras correspondentes a quince autores; para algúns deles será a primeira vez que verán expostas unha obra súa fora do ámbito da Escola.
O alumnado participante de Ilustración é:
- María Touriño,
- Antía Otero,
- Lidia Cao e
- Alba Barreiro.
E o alumnado de Dourado, Prateado e Policromía é:
- Enrique Facal,
- Sara Montero,
- Mercedes Vilariño,
- Celia Barja,
- Alberto Añón,
- Magalí Gorgojo,
- David Muñíz,
- Eva Quián,
- Rosa Martínez,
- Mari Souto e
- Andrea Ogando.
A exposición en conxunto amosa o valor artístico e as posibilidades profesionais que teñen estes estudos.