Ensinanzas profesionais
Dourado, prateado e policromía
Distribución horaria das ensinanzas
Estrutura xeral |
Horas totais por curso |
Créditos ECTS asociados |
Módulos impartidos no centro docente |
1.850 |
114 |
Fase de formación práctica en empresas, estudios e talleres |
150 |
6 |
Total horas de ensino: |
2.000 |
120 |
1º, 2º e 3º TRIMESTRE
Denominación dos módulos
|
HORAS |
Debuxo artístico |
144
|
Debuxo técnico |
108
|
Volume |
216
|
Historia da escultura |
108
|
Aplicacións informáticas |
108
|
Taller de dourado e prateado |
216 |
Materiais e tecnoloxía de dourado, prateado e policromía |
72
|
Proxectos de dourado, prateado e policromía I |
108
|
Total |
1080
|
4º, 5º e 6º TRIMESTRE
Denominación dos módulos
|
HORAS
|
Proxectos de dourado, prateado e policromía II |
192
|
Taller de policromía |
264 |
Taller de técnicas de restauración de dourado, prateado e policromía |
192 |
Total 4º e 5º trimestre |
648
|
Formación e orientación laboral |
72 |
Proxecto integrado |
50
|
Total 6º trimestre |
122
|
Total |
770
|
Que saídas profesionais ten unha persoa titulada en Dourado, prateado e policromía?
A persoa titulada como Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño en Dourado, Prateado e Policromía pode exercer a súa profesión no sector artesán relacionado cos proxectos de realización e restauración de dourado e acabados polícromos en obras artísticas ou artesanais, entre outros, no sector das artes plásticas e noutros sectores de produción industrial. É un/unha profesional cualificado/a para desenvolver os seguintes postos de traballo e ocupacións:
- Encargado/a de taller de dourado, prateado e policromía.
- Dourador/a, prateador e policromador de obras artísticas.
- Decorador/a de obras artísticas de dourado e policromía.
- Asistencia técnica en restauración de dourado, prateado e policromía.
- Técnicas de pintura tradicional decorativa.
- Rotulación tradicional con pan de ouro.
- Ilustración e caligrafía iluminada.
Cales son as competencias específicas das persoas tituladas en Dourado, prateado e policromía?
Realizar o dourado, prateado e a policromía de obra artística, con calidade técnica e artística, a partir do proxecto propio ou dun encargo profesional determinado, así como colaborar co conservador/a- restaurador/a na identificación dos danos, na elaboración da documentación gráfica e técnica do proxecto e aplicar as técnicas e os procedementos idóneos para a restauración de dourados e policromías,
As súas capacidades profesionais son, entre outras:
- Definir as características formais, funcionais, técnicas, materiais e estéticas dun proxecto.
- Realizar planos, bosquexos e debuxos con técnicas de cor, así como elaborar maquetas e modelos para visualizar o resultado final das obras.
- Realizar as pezas e os procesos de traballo, aténdose és especificacións dos planos, deseños ou bosquexos dun proxecto.
- Planificar e levar a cabo o proceso de dourado e policromado de carácter escultórico.
- Coñecer, seleccionar, preparar e utilizar os materiais máis axeitados ás especificacións técnicas, formais, funcionais e estéticas do proxecto.
- Elaborar as distintas posibilidades decorativas polícromas propias desta especialidade: policromías decorativas ornamentais, encarnaduras, coreados, estofados, pátinas de imitación e avellentamentos entre outras.
Cal é a denominación da titulación?
A denominación oficial do título é Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño en Dourado, Prateado e Policromía.
Canto dura o ciclo de dourado, prateado e policromía?
Trátase dun Ciclo de grao superior de artes plásticas e deseño, cunha duración de 2.000 horas repartidas en 2 cursos académicos.
O tipo de ensinanza é presencial e impártese en galego e castelán.
Cantas prazas de novo ingreso se ofertan cada curso?
Cada curso poden entrar 15 prazas no ciclo formativo.
Cales son os obxectivos?
Ciclo formativo de Dourado, Prateado e Policromía terá como obxectivos, entre outros, analizar e planificar a produción ou restauración de obras de dourado, prateado e policromía artísticos de acordo cunha secuenciación lóxica de fases, operacións e procedemento; e tamén, Identificar os danos, realizar propostas de actuación e aplicar técnicas e procedementos apropiados para a restauración do dourado e a policromía de elementos
escultóricos baixo a dirección do/a conservador/a- restaurador/a de bens culturais.
Cales son os criterios de acceso e admisión?
Para coñecer todos os requisitos sobre os criterios de acceso e admisión, datas de realización das probas de acceso e de formalización de matrícula, visita o apartado de Secretaría – Administración de Ensinanzas Artísticas Profesionais.
Onde podo atopar máis información?
Pódese consultar o Decreto 92/2017, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior de artes plásticas e deseño de dourado, prateado e policromía.