Este ano toca a 13ª renovación da Xunta de escola, e a estes efectos  o pasado luns reuniuse a Xunta electoral e  estableceu as condicións para a elección. Renóvanse as seguintes prazas:

  • Sector profesorado: convócanse 5 prazas.
  • Sector alumnado: convócase 1 praza.

A presentacion de candidaturas estará aberta desde o 11 ate o 18 de  novembro na oficina da EASD en horario de 10:00 a 13:00h. Na  oficina facilitarase o impreso para participar nestas eleccións, que  vai tamén se pode descargar nesta ligazón: Información Eleccións Xunta de Escola 2022

Datas relevantes:

  • Eleccións representantes profesorado: o luns 28 de novembro ás 10:00h.
  • Eleccións de representantes de alumnado: o luns 28 de novembro na biblioteca da EASD entre as 13:00 e as 17:00 horas.

A Xunta de Escola é o órgano de goberno máis importante do noso centro. Por elo, animámovos a que difundades esta
nova e que participedes activamente nesta  elección.