Este ano procédese á 14ª renovación da Xunta de Escola,  para cubrir as seguintes prazas:

  • Sector profesorado: convócanse 4 prazas.
  • Sector alumnado: convócase 5 prazas.
  • Sector persoal de administración e servizos: convócase 1 praza.

A estes efectos, o calendario electoral é o seguinte:

  1. Prazo único de presentación de candidaturas: Dende o luns día 4 de novembro ao luns día 11 de novembro de 2024, de xeito persoal na oficina da EASD de 10:00 a 12:00h.
  2. Sorteo público das mesas electorais de alumnado: O luns día 11 de novembro de 2024 ás 13:00 no despacho de Dirección da EASD.

  3. Elección dos representantes do profesorado: O luns día 18 de novembro de 2024 ás 10:00 horas celebrarase sesión extraordinaria do Claustro de Profesorado para informar sobre o proceso de elección. Ese mesmo día ás 10:30 horas celebrarase outra sesión extraordinaria para a votación dos representantes do profesorado na Xunta de Escola.

  4. Elección dos representantes do persoal de administración e servizos: O luns día 18 de novembro de 2024 celebrarase a votación para a elección do representante PAS, na oficina da EASD, dende ás 12:00 ás 14:00 horas.

  5. Elección dos representantes do alumnado: O luns día 18 de novembro de 2024 celebrarase a votación para a elección dos representantes do alumnado, na Biblioteca da EASD, dende as 13:00 ás 17:00 horas.

  6. Publicación de candidaturas elexidas e nova composición da Xunta de Escola: Luns 25 de novembro de 2024.

A Xunta de Escola é o órgano de goberno máis importante do noso centro. Por elo, animámosvos a que difundades esta
nova e que participedes activamente nesta  elección.

Foto de Element5 Digital en Unsplash