Tras a reunión da Xunta Electoral celebrada o 23 de outubro, informamos de que está aberto o proceso electoral para a renovación da Xunta de Escola da EASD Pablo Picasso, órgano de participación da comunidade educativa no goberno do centro.

Tanto o censo como o acta da Xunta electoral están expostos no taboleiro do centro.

O prazo de presentación de candidaturas estará aberto do 2 ao 9 de novembro, presencialmente na oficina do centro. As eleccións celebraranse o 23 de novembro.

Vacantes a cubrir:

  • Profesorado: 3
  • Alumnado: 1
  • PAS: 0

Podes consultar toda a información da convocatoria no seguinte enlace: https://boxabalar.edu.xunta.gal/index.php/s/cco2BWrcrtTckfF

E podes descargar o modelo de presentación de candidatura no seguinte enlace: https://boxabalar.edu.xunta.gal/index.php/s/zRqp2deRYkPYe5c

 

Animámosvos a participar neste proceso, tanto presentando a vosa candidatura como exercendo o voso dereito ao voto. A vosa implicación é importante para construír unha escola participativa e representativa.