A Xunta de Escola é o máximo órgano colexiado do Centro. Este curso toca renovar a súa composición, polo que xa está aberto o prazo para presentar candidaturas para representar aos distintos sectores na Xunta de Escola. A segregación das prazas convocadas dos distintos sectores reflíctese deseguido:

  • Representantes do Claustro: TRES PRAZAS.                                                                
  • Representantes do alumnado: CINCO PRAZAS                                                                
  • Representantes do persoal de administración e servizos: UNHA PRAZA

O prazo para postularse estará aberto ata o mércores día 17 de novembro de 2021. A presentación farase de xeito persoal na oficina da EASD de 10 ás 13 horas, e en impreso que se facilitará na mesma oficina ao efecto.

A votación por parte do profesorado realizarase en Claustro o luns 22 de novembro.

A votación por parte do alumnado realizarase na Biblioteca o luns 22 de novembro en horario de 13h a 17h.