FCT Alumnado
A disciplina de prácticas externas desenvolvese no Curso 4º e o seu obxectivo é a aplicación e complementación das competencias profesionais adquiridas no centro educativo. O marco normativo que regula este módulo é:
- DECRETO 61/2011 do 24 de marzo (DOG 6 de abril de 2011)
- ORDE do 8 de agosto de 2011 (DOG 18 de agosto de 2011) desenvolve o decreto 61.
- DECRETO 172/2015 do 29 de outubro (DOG 23 de novembro de 2015)
Titor Deseño Gráfico: Manuel Horacio Portolés Argüelles
Titor Deseño de Interiores: Francisco Javier Orosa Paz


FCT Alumnado
Ensinanzas profesionais
O módulo profesional de FCT é un bloque coherente de formación profesional que se desenvolve en empresas ou institucións en situacións reais de traballo. Este módulo ten carácter obrigatorio en todos os ciclos formativos e desenvolverase procurando aplicar as competencias profesionais adquiridas no centros educativos, complementadas con aquelas previamente identificadas entre as actividades produtivas do centro de traballo. O marco normativo que regula este módulo é:
- Formación en centros de traballo: ORDE do 28 de febreiro de 2007 (DOG 8 de marzo de 2007)
- FOTOGRAFÍA: DECRETO 92/2015 do 11 de xuño (DOG 6 de xullo de 2015)
- ILUSTRACIÓN: DECRETO 95/2015 do 11 de xullo (DOG 13 de xullo de 2015)
- ESCULTURA APLICADA AO ESPECTÁCULO: DECRETO 94/2017 do 7 de setembro (DOG 10 de outubro de 2017)
- DOURADO, PRATEADO E POLICROMÍA: DECRETO 92/2017 do 7 de setembro (DOG do 4 de outubro de 2017)
Titora Dourado: Marta Cousiño
Titora Escultura: Beatriz Suárez
Titora Fotografía: María Concepción Salgado Fernández
Titor Ilustración: Javier Macho Eiras




Bolsa de emprego
A Bolsa de emprego da Rede de Escolas de Arte e Superiores de Deseño de Galicia ten o propósito de facilitar a inserción laboral do alumnado egresado e do alumnado matriculado poñéndoo en contacto co tecido empresarial a través dunha plataforma, de publicación e procura de ofertas, totalmente gratuita.
Inscríbete e mantente informado/a de oportunidades laborais a nivel europeo.
