FCT Empresas

Empresas

Formación en Centros de Traballo (FCT)

Tanto as Ensinanzas Superiores de Deseño (Gráfico e Interiores) como as Ensinanzas Profesionais (Ilustración, Fotografía, Escultura e Dourado) contan no seus últimos cursos cun módulo de Formación en Centros de Traballo.

Este módulo é obrigatorio dentro de cada especialidade, e o seu obxectivo é que o alumnado complete a súa formación nunha empresa, taller, estudo, etc… Para iso, a Escola conta cun catálogo de empresas coas que ten asinado un convenio de colaboración.

Departamento de relación con empresas, estudos ou talleres

Xefa de departamento: Gloria M. Rodríguez Simón
Teléfono: 981 225 396
Email: rodriguezsimon@edu.xunta.gal

Queres colaborar con nós?

Se tes unha empresa, estudo ou taller e queres colaborar coa EASD Pablo Picasso para acoller ao alumnado na fase Formación en Centros de Traballo, esta información pode interesarte:

  • O alumnado conta cun seguro de responsabilidade civil asinado pola Consellería de Educación; a empresa só ten que asinar o convenio de colaboración coa EASD.
  • Non é necesario realizar un contrato laboral, xa que é un período de formación e non se establece relación laboral entre empresa e alumnado. E por este motivo, tampouco hai abono de retribucións por parte da empresa.
  • A xornada na empresa será de 8 horas/día (máximo) ate completar un total de 250 horas nas Ensinanzas Superiores de Deseño e de 128 horas nas Ensinanzas Profesionais (Ciclos). O horario será acordado previamente entre a empresa e o alumnado.

O procedemento para levar a cabo a colaboración sería:

  • Sinatura do convenio de colaboración coa EASD.
  • Selección do estudante que realizará as prácticas na empresa.
  • Realización das prácticas: a EASD facilitará a documentación necesaria para o correcto desenvolvemento das prácticas e a empresa nomeará un titor/a que fará o seguemento do alumnado dentro da empresa.
  • Informe das prácticas: ao remate do período de prácticas, a empresa debe enviar á EASD un informe (con selo e firma orixinal, non pode ser dixitalizado) cunha avaliación do período de prácticas do alumnado.

A EASD agradécelle as empresas que, cada curso, colaboran acollendo ao noso alumnado nos seus centros de traballo e aníma ás que poidan estar interesadas a que se poñan en contacto connosco para ampliar esta información e resolver calquera tipo de dúbida.

Aral Antigüedades
Bombo Estudio de diseño y publicidad
Logotipo Caja de Luz
Logotipo CLC Arquitectura
Logotipo Demo Editorial
IDEA
Patrice art
quattro idcp
Logotipo Santomé
Logotipo Smile
Taller & Co
Logotipo Xaniño
Trébore

FCT Emprego

Bolsa de emprego

A Bolsa de emprego da Rede de Escolas de Arte e Superiores de Deseño de Galicia ten o propósito de facilitar a inserción laboral do alumnado egresado e do alumnado matriculado poñéndoo en contacto co tecido empresarial a través dunha plataforma, de publicación e procura de ofertas, totalmente gratuita.

Dá de alta a túa empresa, publica as túas ofertas e accede ao noso potencial creativo.