Crea a túa propia máscara ou efecto para Instagram e Facebook!
Co software ‘Spark AR’ aprenderemos a crear os nosos propios FaceFilters para redes sociais.

Spark AR é un programa moi poderoso co que se pode facer todo tipo de filtros faciales, incluídas animacións, efectos interactivos, maquillaxe, fondos de cores, deformacións faciais, e mil cousas máis.

Instrucións para traballar co filtro de realidade aumentada.

  1. Elección de maquillaxe, disfrace… para rostro masculino ou feminino. (aínda que non hai moita variación fisionómica).
  2. Abrir ficheiro “faceFeminine.jpg” ou “faceMasculine.jpg” nun programa de edición de imaxes (photoshop, procreate…) NON modifiques dimensións nin resolución!! Deixa o que vén no ficheiro de 1024 x 1024, a 72 dpi!!
  3. Realizar traballos en capas en formato .psd (con collage, pintura, gráficos vectoriales, etc…). A simulación de pintura  facial parece mellor con pintura cun 50% ou 40% de opacidades. NON pintes na capa do modelo de referencia!!!
  4. Exportar en formato .png eliminando a capa de fondo “faceFeminine” ou “faceMasculine”, é dicir, todo o fondo será transparente. Envía o .png ao correo electrónico: pinchoyarrastro@gmail.com

Podes crear pequenos elementos, como un sistema de partículas, para animar, por exemplo, bágoas de cores,  emoticonas…, calquera elemento que se che ocorra que proceda de calquera parte da cara. Tamén pode incluír  texto…non é necesario facer todo…ás veces “menos é máis”.
As partículas pódense facer en mapa de bits (photoshop, procreate) ou en software vectorial (inskape, illustrator…). Estes poden ser 2D ou 3D, consulta as referencias de patróns nos enlaces “Plantilla particule” que están ao final desta páxina.. Dependendo da forma escollida,  selecciona un modelo base, sempre despois eliminando o fondo e gardándoo en .png.
Por outra banda, se tes coñecementos de 3D, podes incluír obxectos en formato .obj (características: menos de  20.000 vértices e 50.000 triángulos).
Calquera dúbida, envía un correo electrónico a: pinchoyarrastro@gmail.com

Descarga o material para facer o teu filtro:

FaceMasculineFaceFemininePlantilla particule CubePlantilla particule CylinderPlantilla particule SpherePlantilla particule Star002Plantilla particule TetrahedronPlantilla particule Torus