Ensinanzas profesionais
Distribución horaria das ensinanzas
Estrutura xeral | Horas totais por curso | Créditos ECTS asociados |
---|---|---|
Módulos impartidos no centro docente | 1.850 | 114 |
Fase de formación práctica en empresas, estudios e talleres | 150 | 6 |
Total horas de ensino: | 2.000 | 120 |
1º, 2º e 3º TRIMESTRE
DENOMINACIÓN DOS MÓDULOS |
HORAS |
DEBUXO ARTÍSTICO |
144 |
DEBUXO TÉCNICO |
108 |
VOLUME |
216 |
HISTORIA DA ESCULTURA |
108 |
APLICACIÓNS INFORMÁTICAS |
108 |
MATERIAIS E TECNOLOXÍA DE ESCULTURA APLICADA AO ESPECTÁCULO |
72 |
PROXECTOS DE ESCULTURA APLICADA AO ESPECTÁCULO I |
108 |
TALLER DE BALEIRADO E MOLDEADO |
216 |
Total |
1080 |
4º, 5º e 6º TRIMESTRE
DENOMINACIÓN DOS MÓDULOS |
HORAS |
TALLER DE ACABADOS POLÍCROMOS |
96 |
TALLER DE ESTRUTURAS E MONTAXES |
120 |
PROXECTOS DE ESCULTURA APLICADA AO ESPECTÁCULO II |
216 |
ESCULTURA EFÉMERA |
216 |
Total 4º e 5º trimestre |
648 |
FORMACIÓN E ORIENTACIÓN LABORAL |
72 |
PROXECTO INTEGRADO |
50 |
Total 6º trimestre |
122 |
TOTAL |
770 |
Que saídas profesionais ten unha persoa titulada en scultura aplicada ao espectáculo?
A persoa titulada en Escultura aplicada ao espectáculo pode exercer a súa profesión no sector artístico relacionado cos proxectos de realización e montaxe de obras de ornamentación, ambientación e caracterización, mediante técnicas escultóricas para aplicar en calquera tipo de espectáculos (produción teatral, televisivo, cinematográfico, publicitario, turístico, de feiras e exposicións, festivo e recreativo, etc).
Realización de obxectos tridimensionais para escenografías de teatro e ópera, cine e televisión, parques de atraccións e temáticos, montaxe e instalacións de feiras, actividades socioculturais, parques infantís…
Realización de estruturas, obxectos corpóreos de uso en escena con significación artística y ornamental, escultura teatral, elementos arquitectónicos e de relevo.
Obxectos de atrezzo e utillaxe para cine, teatro, televisión e outros medios efémeros de expresión artística.
Cales son as competencias específicas das persoas tituladas en Escultura aplicada ao espectáculo?
Elaborar obras de ornamentación, ambientación e caracterización, mediante técnicas escultóricas, que formen parte de calquera tipo de espectáculo a partir do propio proxecto ou dun encargo profesional determinado..
As súas capacidades profesionais son, entre outras:
- Definir as características formais, funcionais, técnicas, materiais e estéticas dun proxecto propio ou dun encargo dado para a elaboración de elementos ou ambientacións escultóricas de uso en todo tipo de espectáculo.
- Realizar planos, bosquexos e debuxos con técnicas de cor, así como elaborar maquetas e modelos para visualizar o resultado final das obras volumétricas.
- Realizar os controis de calidade correspondentes a cada momento do proceso de elaboración.
- Coñecer, seleccionar, preparar e utilizar os materiais máis axeitados ás especificacións técnicas, formais, funcionais e estéticas do proxecto.
- Utilizar as técnicas de moldeado e baleirado aplicándoas ao campo da
ambientación e caracterización de ambientes. - Realizar acabados imitando todo tipo de materiais pétreos metálicos e orgánicos mediante procedementos pictóricos e escultóricos.
Cal é a denominación da titulación?
A denominación oficial do título é Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño en Escultura Aplicada ao Espectáculo.
Canto dura o ciclo de Ilustración?
O plan de estudos conducente á obtención do Título de Artes Plásticas e Deseño en Escultura Aplicada ao Espectáculo, consta de 2 cursos académicos (de 36 semanas cada un) cun total de 2.000 horas. Trátase dun Ciclo Superior, con modalidade de ensinanza presencial e impártese en galego e castelán.
Cantas prazas de novo ingreso se ofertan cada curso?
Cada curso poden entrar 15 prazas no ciclo formativo.
Cales son os obxectivos?
O ciclo formativo de Escultura aplicada ao espectáculo terá como obxectivo xeral, entre outros, acadar unha visión de conxunto e ordenada dos procesos de realización de obras escultóricas para uso en espectáculos, das súas diferentes fases e operacións e xerar a documentación e información artístico- técnica necesaria para levar a cabo un proxecto de produción artística; e tamén, identificar e definir os aspectos artístico- plásticos, formais, estruturais, funcionais, materiais, técnicos, organizativos e económicos que configuran o proxecto ou encargo de elaboración de obras de ambientación escenográfica, ornamentais, decorativas ou escultóricas, en diferentes materiais, para uso en calquera tipo de espectáculo.
Cales son os criterios de acceso e admisión?
Para coñecer todos os requisitos sobre os criterios de acceso e admisión, datas de realización das probas de acceso e de formalización de matrícula, visita o apartado de Secretaría – Administración de Ensinanzas Artísticas Profesionais
Onde podo atopar máis información?
DECRETO 94/2017, do 7 de setembro, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Escultura Aplicada ao Espectáculo.