Do 1 ao 10 de xuño de 2019 vaise celebrar en Coruña “Espacio Abierto”. Trátase dun evento especializado no mundo do interiorismo e a decoración, que amosa o traballo de deseñadores, artistas, artesanos, interioristas… dun modo diferente e co máximo respeto polo seu traballo. Conta coa realización dunha mostra de traballos, cun programa de charlas e coa intervención creativa nos balcóns da Rúa Riego del Agua.
A empresa organizadora é Taller&Co, da que forma parte unha ex-alumna de Deseño de Interiores. Nesta edición, convidaron á Escola a participar nunha das actividades que organizan, cedendo sen custo un dos balcóns da rúa Riego del Agua para que o alumnado ou ex-alumnado da Escola que o desexe poida facer a súa intervención creativa.
Interesados en participar e amosar a vosa creatividade nese balcón?
Descargade o prego de condicións que elaboraron as organizadoras e enviadelle un bosquexo para que poidan valoralo antes do 10 de maio. Unha vez aceptado pola súa parte, poñédevos en contacto con Mario G. Herradón, vicedirector da Escola, xa que a Escola comprará o material que necesitedes para levala a cabo.
Descargar Prego de Condicións “Espacio Abierto 2019”
Ver ediciones anteriores: “Espacio abierto 2018”