Xoves, 19 de novembro de 2015
Baixo o título “Se non tes traballo, invéntao!” Manel Cráneo, cónsul do planeta Mincha estará na EASD o xoves, 19 de novembro ás 12h. Profesional da ilustración e editor, Manel Cráneo falaranos do seu Planeta Mincha, da súa novela gráfica “Destino Hërgüss”, e doutras moitas cousas… No Salón de Actos da EASD.