Ensinanzas profesionais
Distribución horaria das ensinanzas
Estrutura xeral | Horas totais por curso | Créditos ECTS asociados |
---|---|---|
Módulos impartidos no centro docente | 1.850 | 114 |
Fase de formación práctica en empresas, estudios e talleres | 150 | 6 |
Total horas de ensino: | 2.000 | 120 |
Formación no centro docente
Módulos correspondentes ás ensinanzas impartidas no centro docente
Módulos | Ratio profesor/alumnado | Horas totais por curso | Créditos ECTS asociados | ||
1º curso | 2º curso | 1º curso | 2º curso | ||
Fundamentos da representación e a expresión visual | 1/30 | 144 | – | 8 | – |
Teoría da imaxe | 1/30 | 72 | – | 4 | – |
Historia da fotografía | 1/30 | 72 | – | 4 | – |
Medios informáticos | 1/15 | 144 | – | 8 | – |
Técnica fotográfica I | 1/15 | 216 | – | 10 | – |
Proxectos de fotografía I | 1/15 | 288 | – | 18 | – |
Linguaxe e tecnoloxía audiovisual I | 1/15 | 144 | – | 8 | – |
Teoría fotográfica | 1/30 | – | 144 | – | 8 |
Técnica fotográfica II | 1/15 | – | 144 | – | 8 |
Proxectos de fotografía II | 1/15 | – | 216 | – | 8 |
Linguaxe e tecnoloxía audiovisual II | 1/15 | – | 144 | – | 8 |
Proxecto integrado | 1/1 | – | 50 | – | 18 |
Formación e orientación laboral | 1/30 | – | 72 | – | 4 |
Totais: | 1.080 | 770 | 60 | 54 | |
1850 | 114 |
Que saídas profesionais ten unha persoa titulada en Fotografía?
A persoa técnica superior de Artes Plásticas e Deseño en Fotografía desenvolve a súa actividade colaborando con outros/as profesionais, transmitindo ideas ou conceptos mediante produtos fotográficos destinados a editarse en diferentes medios e soportes, así como exercer as súas competencias como creador/a independente ou realizador/a asalariado/a nunha empresa ou equipo.
Quen obtén o título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Fotografía pode exercer a súa profesión nos sectores produtivos no ámbito público ou privado, en empresas do sector da comunicación, axencias de publicidade, estudios de deseño, de moda, prensa, editoriais, TV, en empresas e institucións doutros sectores que así o requiran, en museos e empresas de restauración de obras de arte, arqueoloxía, laboratorios forenses, investigación policial, medicina legal, peritación, etc.
As súas ocupacións profesionais poden ser:
- Fotoperiodista. Cobertura gráfica da información para os diferentes medios de comunicación
- Fotógrafo/a de reportaxe social. Documentación de actos sociais e retratos.
- Fotografo/a publicitario/a. Traballos para axencias de publicidade, estudios de deseño gráfico e bancos de imaxes.
- Fotógrafo/a de moda. Encargos de deseñadores/as, fabricantes, distribuidores/as e revistas de moda.
- Fotógrafo/a de arquitectura e interiorismo. Traballos editoriais, documentación e seguimento de obra.
- Fotógrafo/a artístico/a. Realización de obra propia para o circuíto comercial da arte.
- Fotógrafo/a de xacementos arqueolóxicos.
- Posprodución fotográfica dixital.
- Técnico/a especialista en laboratorio fotográfico forense.
- Técnico/a especialista de laboratorio fotográfico de conservación e restauración de obras de arte.
- Técnico/a especialista en arquivo fotográfico e banco de imaxes.
Cales son as competencias específicas das persoas tituladas en Ilustración?
As súas competencias xerais son, entre otras, elaborar obra orixinal de fotografía a partir dun encargo profesional determinado ou dun proxecto propio, así como definir as variables formais, funcionais, estéticas e técnicas do proxecto de fotografía, planificando o seu proceso e saber realizalo.
Ademáis, adquirirá as seguinte competencias profesionais:
- Concretar as características temáticas, estilísticas e comunicativas dun encargo fotográfico a partir das especificacións dadas.
- Escoller e analizar documentos e materiais de referencia do proxecto fotográfico.
- Deseño de espazos administrativos.
- Achegar ideas e propor diversas solucións fotográficas para os traballos asignados.
- Dotar a imaxe fotográfica dos elementos persuasivos, informativos e/ou identificativos adecuados aos obxectivos do encargo.
- Levar a cabo o encargo fotográfico atendendo ao posterior medio e soporte de comunicación e dotalo dos recursos gráficos comunicativos máis eficientes.
- Dominar as diferentes técnicas e formatos fotográficos, nos seus aspectos teóricos e prácticos e levalas a cabo coa calidade exixible a nivel profesional.
- Desenvolver o proceso fotográfico en todas as súas etapas: realización, procesamento, posprodución e presentación, realizando os controis de calidade correspondentes.
- Xestión de obras, medicións, orzamentos e prevención de riscos no ámbito do deseño de interiores.
- Coñecer e dominar as técnicas de arquivamento, indexación e recuperación de documentos fotográficos segundo os estándares internacionais.
- Coñecer as especificidades do material e os equipamentos profesionais así como o seu coidado e mantemento.
- Coñecer e cumprir a normativa que regula a actividade profesional.
Cal é a denominación da titulación?
A denominación oficial do título é Técnico Superior en Artes Plásticas e Deseño en Fotografía.
Canto dura o ciclo de Ilustración?
O plan de estudos conducente á obtención do Título de Artes Plásticas e Deseño en Fotografía, consta de 2 cursos académicos (de 36 semanas cada un) cun total de 2.000 horas. Trátase dun Ciclo Superior, con modalidade de ensinanza presencial e impártese en galego e castelán.
Cantas prazas de novo ingreso se ofertan cada curso?
Cada curso poden entrar 30 prazas no ciclo formativo.
Cales son os obxectivos?
O ciclo formativo de Fotografía terá como obxectivos, entre outros:
- Configurar proxectos de fotografía e definir con eficiencia e eficacia os seus obxectivos a partir da valoración idónea das especificacións funcionais, técnicas e artísticas do encargo.
- Dominar os procesos básicos da realización fotográfica nos seus aspectos teóricos e prácticos.
- Saber utilizar as diferentes técnicas e estilos fotográficos co nivel de calidade exixible profesionalmente nos distintos ámbitos da fotografía.
- Resolver os problemas artísticos, funcionais e técnicos que aparezan no proceso de realización do encargo fotográfico.
- Iniciarse na procura creativa dun estilo propio con atención á necesaria calidade técnica e artística de imaxes.
- Adaptarse en condicións de competitividade aos cambios tecnolóxicos e organizativos do sector.
Cales son os criterios de acceso e admisión?
Para coñecer todos os requisitos sobre os criterios de acceso e admisión, datas de realización das probas de acceso e de formalización de matrícula, visita o apartado de Secretaría – Administración de Ensinanzas Artísticas Profesionais
Onde podo atopar máis información?
Pódese consultar o Decreto 95/2015, do 11 de xuño, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Fotografía.