As vacacións de Nadal abranguen dende o  día 21 de decembro de 2019 ata o día 7 de xaneiro de 2020, ambos os dous inclusive.

O horario do vindeiro venres día 20 de decembro queda como se reflicte de seguido:

  1. Xornadas de arte e deseño. Ás 11 horas, contaremos con Curro Gutiérrez adentrándonos na labor dun “Scriptorium no século XXI” e coñeceremos como compaxina o seu labor formativo cos encargos de Iluminación de Manuscritos e Caligrafía que realiza no día a día.
  2. Clausura das Xornadas de arte e deseño. Ás 13 horas, no vestíbulo da escola, servirase un aperitivo ao que estades convidados todas e todos.

Ademais ese día o horario de apertura da nosa escola abranguerá dende as 8:45 ata as 15:15 horas, xa que pola tarde realizaranse actividades de mantemento non compatibles coa apertura da escola.

Durante as vacacións de Nadal a escola permanecerá aberta en horario de 10:00 a 13:30 horas agás os días 24 e 31 de decembro de 2019.

Boas festas a todos e todas!