Ikea: do global ao local é o título da charla que Carlos Iglesias (deseñador de interiores) e Jose Manuel Varela (deseñador gráfico) darán o vindeiro xoves día 13 de decembro ás 13:00h no Salón de Actos da escola.

Contarannos como unha multinacional, con sede e orixe en Suecia, se adapta a cada localidade, no noso caso A Coruña e Galicia. Ademais falarán sobre a súa identidade corporativa, sobre o seu MIC e o traballo de aplicación de marca en tenda.

Entrada de balde até completar aforo.