Ensinanzas profesionais
Distribución horaria das ensinanzas
Estrutura xeral | Horas totais por curso | Créditos ECTS asociados |
---|---|---|
Módulos impartidos no centro docente | 1.850 | 114 |
Fase de formación práctica en empresas, estudios e talleres | 150 | 6 |
Total horas de ensino: | 2.000 | 120 |
Formación no centro docente
Módulos correspondentes ás ensinanzas impartidas no centro docente
Módulos | Ratio profesor/alumnado | Horas totais por curso | Créditos ECTS asociados | ||
1º curso | 2º curso | 1º curso | 2º curso | ||
Fundamentos da representación e a expresión visual | 1/30 | 144 | – | 8 | – |
Teoría da imaxe | 1/30 | 72 | – | 4 | – |
Medios informáticos | 1/15 | 144 | – | 8 |
– |
Representación espacial aplicada | 1/30 | 144 | – | 8 | – |
Técnicas gráficas tradicionais | 1/15 | 72 | – | 4 | – |
Debuxo aplicado á ilustración I | 1/30 | 144 | – | 8 | – |
Técnicas de expresión gráfica I | 1/30 | 144 | – | 8 | – |
Proxectos de ilustración I | 1/15 | 144 | – | 8 | – |
Historia da ilustración | 1/30 | 72 | – | 4 | – |
Fotografía | 1/15 | – | 144 | – | 6 |
Debuxo aplicado á ilustración II | 1/30 | – | 144 | – | 6 |
Técnicas de expresión gráfica II | 1/30 | – | 144 | – | 6 |
Produción gráfica industrial | 1/15 | – | 72 | – | 6 |
Proxectos de ilustración II | 1/15 | – | 144 | – | 8 |
Proxecto integrado | 1/1 | – | 50 | – | 18 |
Formación e orientación laboral | 1/30 | – | 72 | – | 4 |
Totais: | 1.080 | 770 | 60 | 54 | |
1850 | 114 |
Que saídas profesionais ten unha persoa titulada en Ilustración?
O técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Ilustración desenvolve a súa actividade como profesional independente realizando ilustracións de diferentes xéneros e ámbitos destinados á súa edición, colaborando con outros/as profesionais na ideación, interpretación e realización de ilustracións con diferentes técnicas e estilos artísticos.
A persoa que obtén o título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Ilustración exerce a súa profesión nos sectores produtivos no ámbito público ou privado, en empresas relacionadas coa comunicación e a ilustración: axencias de publicidade, editoriais e estudios de deseño, prensa, televisión ou noutras empresas ou institucións que o requiran. Ademáis, é un/unha profesional cualificado/a para desenvolver, entre outros, os seguintes postos de traballo:
- Especialista ilustrador-a/debuxante integrado/a en equipos de comunicación visual, deseño gráfico, publicidade e medios audiovisuais.
- Realización de ilustracións e organización e supervisión da produción.
- Creación e/ou realización de ilustracións orixinais para diferentes ámbitos: ciencia, técnica, arquitectura, interiorismo, moda, publicidade, deseño gráfico, produtos, editorial, prensa.
- Creación e/ou realización de proxectos de libros interactivos e despregables (pops-ups) en tres dimensións.
- Análise de propostas e realización da busca documental e gráfica para proxectos de ilustración nos seus diferentes ámbitos.
- Realización e xestión de actividades culturais, educativas e divulgativas relacionadas coa ilustración.
Cales son as competencias específicas das persoas tituladas en Ilustración?
As súas competencias son, entre otras, elaborar obra orixinal de ilustración de calidade formal e funcional a partir dun proxecto propio ou dun encargo profesional determinado, así como planificar a realización do proxecto mediante a definición dos recursos expresivos, formais, funcionais, estéticos e técnicos máis axeitados.
Ademáis, ao remate da súa formación, terá adquirido (entre outras) as seguintes competencias profesionais:
- Identificar os aspectos artísticos, formais, funcionais e técnicos dun proxecto de ilustración.
- Planificar e elaborar proxectos de ilustración atendendo ás especificacións narrativas e técnicas previamente determinadas.
- Escoller, analizar e arquivar a documentación e o material gráfico de referencia para a realización do proxecto de ilustración.
- Escoller e utilizar con destreza as técnicas ou estilos artísticos máis axeitados para dar solución gráfica aos obxectivos comunicativos.
- Realizar o proxecto ilustrativo atendendo ás particularidades do medio gráfico en que se incorpore.
- Elaborar os orixinais atendendo ás particularidades dos posteriores procesos de reprodución.
Cal é a denominación da titulación?
A denominación oficial do título é Técnico Superior en Artes Plásticas e Deseño en Ilustración.
Canto dura o ciclo de Ilustración?
O plan de estudos conducente á obtención do Título de Artes Plásticas e Deseño en Ilustración, consta de 2 cursos académicos (de 36 semanas cada un) cun total de 2.000 horas. Trátase dun Ciclo Superior, con modalidade de ensinanza presencial e impártese en galego e castelán.
Cantas prazas de novo ingreso se ofertan cada curso?
Cada curso poden entrar 30 prazas no ciclo formativo.
Cales son os obxectivos?
O ciclo formativo de Ilustración terá como obxectivos, entre outros:
- Realizar ilustracións co nivel de calidade técnica, comunicativa e artística exixible a nivel profesional.
- Dominar os procesos básicos da realización fotográfica nos seus aspectos teóricos e prácticos.
- Dominar as diferentes técnicas de expresión gráfica e escoller as máis axeitadas ás especificacións temáticas, comunicativas e artísticas do encargo.
- Valorar, planificar e xestionar a elaboración do proxecto nas distintas fases do seu proceso para optimizar recursos.
- Buscar, escoller e interpretar as fontes documentais e de referencia para a realización de ilustracións.
- Desenvolver método, rigor e capacidade de comunicación para a presentación e defensa dunha idea ou un proxecto de ilustración.
- Coñecer as especificacións técnicas do material e dos procesos de reprodución e edición de ilustracións e saber xestionalos para garantir a calidade final do produto.
Cales son os criterios de acceso e admisión?
Para coñecer todos os requisitos sobre os criterios de acceso e admisión, datas de realización das probas de acceso e de formalización de matrícula, visita o apartado de Secretaría – Administración de Ensinanzas Artísticas Profesionais
Onde podo atopar máis información?
Pódese consultar o Decreto 95/2015, do 11 de xuño, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Ilustración.