Alumna de Fotografía

Este ano 2019 decidín solicitar a beca Erasmus+ para poder realizar as prácticas do meu ciclo no extranxeiro, concretamente elexín realizalas nunha empresa en Dublín, Irlanda.
Para facer isto tiven que buscar eu mesma a empresa de destino, o cal non é fácil e para o que se precisa tempo dabondo, dado que podes atopar moitos “non” polo camiño.
Unha vez encontrada a empresa, busquei aloxamento e viaxei a Dublín, por algo máis de dous meses.
A experiencia foi maravillosa e moi enriquecedora, non só aprendín moitísimo sobre o meu campo, se non que mexorei moito o meu inglés. E tamén aprendín a tomarme a vida dunha forma moi diferente a como estaba acostumada.
Tiven moitísima sorte coa empresa que me acolleu dado que eran persoas maravillosas que me ensinaron moitísimo, e que sempre procuraban que me sentise o máis cómoda
posible.
Tamén aprendín como levar una xornada de traballo, traballar con outros fotógrafos en eventos, e como tratar tanto con outros profesionais como cos clientes, ou asistentes.
Esta experiencia valeume para ver os meus puntos máis fortes, pero tamén para ver os máis débiles e aprender a traballar sobre eles.
Coñecín moitísima xente de todas partes, tanto fotógrafos, como profesionais doutros campos, así como moitísimos estudantes Erasmus+.
Foi una experiencia maravillosa que lle recomendaría a todo o mundo!