Alumna de 4º curso de Deseño Gráfico

O pasado curso decidín realizar o meu último ano de Deseño Gráfico fóra da miña casa. Xa que considero que é unha experiencia enriquecedora, no que che aporta tanto a nivel profesional coma persoal. Para ben ou para mal.

Decidín realizalo en Italia, un país no que nunca estivera. Ao comezo estaba asustada porque era miña primeira experiencia no estranxeiro soa. Ao final, acabei perdendo o medo de perderme en cidades novas, cun idioma diferente e soa. Polo que verifiquei por min mesma, que realmente sí quero vivir fóra da Galicia e de España. Que o meu é coñecer xente nova de diferentes culturas e convivir con elas.

Pero a miña vivencia máis ben foi agridoce. Fun a Frosinone, un pobo entre Roma e Nápoles. A propia cidade está dividida en dúas partes: Frosinone basso e alto; o basso é a zona nova e o alto a orixe da cidade, o casco histórico, moi pintoresco. Goza dunha tradición italiana moi marcada. Tanto polos seus cidadáns, da paisaxe coma do seu casco histórico.

Non foi fácil acostumarse á vida, xa que é unha cidade dormitorio. A meirande parte da xente vai a Roma ou a pobos veciños, en coche. O cal, ata que me fixen amiga dalgúns dos estudantes da Accademia di Belle Arti non puiden coñecer ben a zona que rodea a Frosinone. Xa co transporte público tampouco vai moi ben, por exemplo os domingos non funcionan todas as liñas de buses. Pero o que máis boto de menos, sen dúbida, son as montañas que rodean o pobo.

O que fai que seu atardecer sexa precioso. Miña parte favorita, de Frosinone, é onde se colle o ascensor; un mirador situado no casco vello. Onde podes contemplar montes coma o Cacume, que dende alí podes mirar o mar. E o pé del sitúase o pobo de Patrica. O cal, recomendo sen dúbida.

Vistas das montañas que rodean a localidade de Frosinone na rexión do Lazio

Unha das miñas mellores experiencias vividas no meu Erasmus foi viaxando a Nápoles; unha cidade moi peculiar pero que che rouba a alma e queres voltar unha e outra vez.

En canto á Accademia di Belle Arti di Frosinone consta de dúas sedes: unha nova, o edificio máis grande, e un vello. No último é onde traballan cursos coma escultura e pintura. A metodoloxía de traballo é algo diferente ao que estamos acostumados. Son clases moi longas e que están pensadas para ser coma obradoiros de traballo. O cal, non o vexo moi factible sempre; xa que acabas canso de estar todo o día coa mesma lección. O bon é que che fan traballar máis o parte creativa pero a súa vez tes que ser bastante autodidacta ou polo menos foi o que tiven que vivir eu nun só cuatrimestre.

En resumo, se queres vivir un Erasmus tranquilo e con paciencia recomendoo. Pero se o que queres é estar nunha cidade que che estimula as vinte e catro horas do día non é o teu lugar. O bon é que aprendes moito italiano, xa que o nivel de inglés deixa moito que desexar.