EESS Deseño de Interiores

Saint-Luc, Lieja

No curso 19/20 realicei o programa Erasmus en Saint-Luc en Lieja, Bélxica en Deseño de Interiores. Ao principio non sabía por cal dos destinos decantarme xa que o idioma era unha parte importante deste. Finalmente a decisión non puido ser máis acertada.

Nesa escola a aprendizaxe é moi distinto do que nós coñecemos. Tratan o traballo de forma máis cooperativa, nutríndote dos teus compañeiros ao máximo. Non vos vou mentir, o idioma foi un impedimento sobre todo ao principio, pero grazas ás clases de francés que che proporciona o convenio Erasmus puiden realizar estes estudos dunha maneira máis fluida e completa.

Polo que se refire á cidade, é unha cidade Erasmus co cal podes coñecer a todo tipo de xente de todas as partes do mundo. Outra vantaxe é que está moi céntrica para viaxar a todo centro Europa. Colles un tren ou un bus e nunhas poucas horas estás en calquera parte de Bélxica coma en Alemania ou Holanda por exemplo.

Saint-Luc

Considero esta experiencia moi nutritiva tanto a nivel persoal como didáctica. Sobre todo o ver noutra parte como conciben o deseño e como mesturan os distintos deseños na ensinanza.

Lévome disto, un idioma pouco coñecido hasta a fecha, experiencias e persoas que a día de hoxe non poderían ser máis importantes para min. Só podo dar as grazas pola oportunidade.