Besançon

A estadía en Besançon, cidade situada no Condado Franco, e na escola de artes ISBA foi moi acolledora e completa.

Tanto a infraestructura de intercambio de alumnos erasmus da cidade como a da escola son moi grandes e activas. Por un lado, resulta moi sinxelo contactar coa ESN de Besançon, quenes axudan no proceso de instalación durante a chegada, como organizan reunions erasmus e forman grupos de contacto con estudantes que estén facendo a sus mobilidade na cidade. Por outro lado, na escola ISBA, todo o profesorado e alumnado está moi aberto á recepción de alumnos estranxeiros xa que, nesta institución, para cursar os dous últimos anos de estudios a mobilidade erasmus é obrigatoria para os alumnos. Esto resulta en que moito do alumnado é super receptivo cos estudantes erasmus, posto que ou acaban de volver do seu, ou pronto terán a sua mobilidade. Axúdante moito e son moi conscientes da vida do estudante erasmus na escola.

No aspecto académico, ISBA é o sitio perfecto para a producción de proxectos creativos. Tanto pintura, como escultura, como producción gráfica, o foco da escola é sacar adiante os proxectos do alumnado, dar unha infraestructura para producilos dentro da mesma e expoñelos sen saír do recinto. A escola conta cunha tenda de suministros de arte autoxestionada polo alumnado, con talleres, fornos de cerámica, laboratorios de fotografía, serigrafía, ploter de impresión, máquina de risografia e un largo etc de equipo á disposición do alumno. Unha vez acabes a túa producción artística, es completamene libre de reservar un dos moitos espazos de exposición e organizar unha presentación do teu traballo.

Idioma

No apartado académico cabería recalcar, que prácticamente todo os profesores falan inglés, polo que a fronteira do idioma minimízase se non estás moi seguro co teu nivel de francés. Os alumnos, a modo de preparación para as súas mobilidades, non teñen ningún tipo de problema en falar contigo en inglés, de feito búscano como práctica do idioma!

A cidade

No aspecto social, Besançon é un sitio moi vivo, cheo de locais para reunirse, eventos aos que asistir e xente que coñecer. Dispón de moi boa comunicación ferroviaria e de buses, polo que esta oportunidade de mobilidad resultou perfecta para coñecer tanto o Condado Franco como o resto do país. (Como apunte máis que persoal: se sodes amantes do queixo, deixádevos guiar por algún local para preparar unha cata e apuntádevos á primeira oportunidade de participar nunha Raclette ou Fondeu sen atisbo de dúbida!)

Se o deporte forma parte importante da tua vida, en Besançon contan cunha infraestructura de actividades moi variadas, con inmensidade de clubes, recintos deportivos universitarios e ximnasios para os interesados na actividade física!

Todo o demáis queda por descubrir dándolle unha oportunidade á cidade e á escola, pero o resume do que recibín eu nesta estadía sería: calurosa benvida, oportunidades creativas únicas, ambiente social xuvenil brutal e moito queixo.

 

Grazas por leer, e calquera dúbida sobre o que podes atopar na túa mobilidade erasmus a Besançon non dubides en preguntar polo meu contacto!