Alumno de EESS de Deseño de Interiores

Grazas ao programa Eramus+ tiven a oportunidade de vivir unha experiencia de aprendizaxe integral. A miña estancia fora axudoume a abrir fronteiras e mellorar as miñas capacidades tanto académicas coma persoais.

A miñas cidades de destino foran Matosinhos como destino académico e Porto coma residencial. Escollín estas cidades por  varios motivos: proximidade, afinidade coa cidade, idioma e o prestixio da escola na que estudei , a ESAD de Matosinhos.

Dentro da escola aprendín as metodoloxías de estudo e proxectuais tanto en Portugal coma en outros países grazas aos meus amigos/as e compañeiros/as , ademáis de mellorar substancialmente a miña capacidade lingüística tanto en inglés coma en portugués, a nivel burocrático e institucional. Estou máis que satisfeito pola axuda recibida e tamén a nivel persoal cos profesores. A experiencia do estudo do deseño foi 360 xa que aprendín tamén do deseño de produto, moda e gráfico ademáis da cantidade de participación estudantil en eventos.

O ambiente e cultura da cidade do Porto permitiume ter una experiencia mais cosmopolita pero á vez conseguín aprender moito da cultura portuguesa, culpa diso tamén o ten o ambiente vivido no meu aloxamento con persoas nativas, elas ensináronme moito acerca da cidade , gastronomía, tradicións ….

Un dos aspectos máis significativos foran as amizades tanto nacionais (España e Portugal) como internacionais, lévome amigos e amigas cos que podo seguir ampliando a perspectiva internacional. Teño que dar as grazas a miña escola de acollida, a ESAD de Matosinhos e a EASD Pablo Picasso pola oportunidade e animo a todas as persoas a probar unha experiencia que toca todos os aspectos da vida.