Alumna de EESS de Deseño Gráfico
Empecei o 3º curso de Deseño Gráfico, tendo moi claro que non podía perder a oportunidade de irme de Erasmus, era agora ou nunca.
Fixen o meu último curso de Deseño en Polonia, sempre me falaron
cousas boas dese país, tiña que corroboralo. Estiven nunha pequena cidade chamada Przemysl, con dúas compañeiras da miña clase.
Foron un pouco difíciles as primeiras semanas, costou adaptarse a esa pequena cidade. Pouco a pouco, fomos descubrindo moito más dela. Ten o seu encanto. E con neve moito máis.
Coñecín outros estudantes Erasmus, e con iso as súas culturas e costumes… foi unha grata sorpresa, sobre todo cos nosos “mellores amigos Erasmus” o moldavo e o rumano, foi xenial vivir esta aventura con eles. Isto axudoume a reforzar o meu inglés. Os compañeiros/as de clase tamén eran moi salados, non tiñan ningún problema en axudarte se o necesitabas.
Przemysl está a 4 horiñas en tren a Cracovia, para min a mellor cidade de toda Polonia, xunto con Gdansk. Falando de cidades, ir de Erasmus a Polonia, é a mellor oportunidade para viaxar, é bastante barato. Coñecín moitos países onde non estivera antes, coma Alemaña, República Checa, Hungría, Austria, Suecia aparte dalgunhas cidades de Polonia, ás que se pode viaxar con moita facilidade en tren.
E teño que dicir, que non fai tanto frío como o pintan, polo menos en Przemysl, en Varsovia xa é outra historia.
Volvería a vivir esta experiencia, pero sin ningunha dubida. Animádevos!