Berlín
Chámome Carmen, teño 23 anos e fai un par de meses rematei as miñas prácticas Erasmus en Berlín. Estiven nun estudio de deseño gráfico cerca de Alexanderplatz, no centro, onde o ambiente e a xente era incríble, a verdade.
En canto á cidade, eu xa estivera de vacacións hai bastantes anos, pero desta vez quedei encantada. Hai un montón de oferta artística de moitos tipos, e é fácil nutrirse atopando inspiración que che guste, no meu caso dende museos contemporáneos de todo tipo ata exposicións de son experimental. A forma de arte máis fácil de atopar, sen ter en conta a música, e o graffiti é arte urbano. A cultura da arte está moi arraigada, así como a apertura de mente en moitos temas que o rodean.
Tamén, xunto a un amigo que xa tiña e outras persoas de Erasmus que coñecín, visitei Dresden, onde eles vivían, e quédanme ganas de visitar máis partes de Alemaña, xa que cada zona é moi diferente, e especialmente quero visitar Dessau e a Bauhaus, xa que a arte contemporáneo é algo que me encanta.
Unha das cousas máis características de Berlín, e polas que é máis coñecido hoxe en día, é polo mundo nocturno, especialmente enfocado ao tecno e toda a cultura que o rodea. A xente é extremadamente aberta en todos os sentidos, ademáis de estar sempre rodeado de persoas de todo o mundo. Sentinme moi acollida e feliz, e nuns meses planeo voltar por un par de anos, xa que o ambiente e a cidade encantoume, e espero poder aprender moito máis do que xa conseguín.