Roma

Eu estiven dous meses en Roma. Roma é unha cidade incribel, inabarcabel diría eu. Cando viaxas alí, da a sensación de que non te chegaría unha vida para descubrila enteira. Cada canto é máxico, en cada barrio hai una igrexa dez veces mellor que a mellor daqui, hai mil museos que visitar e mil particularidades…

Venden xirasois nas floristerias por exemplo, e estas non pechan á noite por que non lles caben todas as flores dentro. Hai fontes por toda a cidade chamadas “nasone”, qué significa “narizotas”, e sempre sae a auga fresca sen importar os graos que faga fora.

Igrexa en Roma

Unha cidade caótica

E cando falas de Roma, tes que falar do seu caos, dos seus buses concretamente… É unha completa loucura, isto significa que podes esperar durante unha hora o bus, e o bus non aparecer, que haxa programados catro buses, e que só pasen dous, etc. Eu creo que así é imposibel levar unha vida organizada, por iso existe tanto caos, pero é un caos cheo de vida e de poesía. Sorte para min que eu non tiña uns horarios fixos.

Experiencia

Durante a miña estancia estiven traballando nun sitio chamado “Ultrablu”. Era un taller e á vez unha pequena editorial independente. É un sitio fantástico, no que aprendes moitísimo. No meu caso, dou incluso máis valor ó aprendido a nivel persoal por así chamalo, que laboral. Alí traballabamos con persoas do espectro autista, pero sempre cunha filosofía preciosa. Ninguén se consideraba superior aos demáis, non existían xefes e subordinados, nin profesores a alumnos. Todos eramos artistas aprendendo uns dos outros mentres compartíamos un mesmo espacio. Eles tiñan moito que aprender de nós, pero nós tamén tiñamos moito que aprender deles. Unha simbiose por así dicir. Era un espazo libre de xuizos. Cada un tiña un estilo moi diferente, pero se collen as particularidades de cada persoa e transformanse en algo positivo.
A min  veume xenial, alí aprendín a perder o medo, aprendín que non hai ben ou mal no arte, que todo o que fagas liberando o que levas dentro, sen preocuparte tanto de tecnicismos ou academicismos, será positivo. “Il pensiero destrugge la opera” dicía o meu tutor, Virgílio. El é unha desas persoas interesantes coa que dan ganas de pasarte horas e horas falando.

Idioma

Ao chegar eu non sabia absolutamente nada de italiano, e a algunhas persoas non lles entendía o máis mínimo, concretamente había dous, Assia e Tristano, que para min era como se falasen chino. Pero en cambio co meu titor sempre tiven unha moi boa comunicación, e acabei falando suficiente italiano para facerme entender e entendendo todo o que me dicían.

O equipo

Outra cosa que aprendín foi o valor e o bonito de traballar en equipo, cousa que a min sempre me horrorizara… Pero ao ser un sitio tan pequeno, de autoedición e producción, teñen que traballar entre todos para saír adiante.
Dos rapaces cos que traballábamos, o mais pequeno tiña 10 anos, e os mais maiores, rondaban os 20.
Cada un tiña a sua particularidade ou os seus rituais. Por exemplo, Simone, remataba case todas as palabras en “íssimo”, “bravíssimo”, “bananíssimo”, “felicíssimo” etc. E tiña un ritual que era que ás 5 debíamos ir ao bar exactamente 6 persoas, as que elixía el, nin unha máis nin unha menos. Hai outros que teñen Asperger, que collen un tema e céntranse nel, por exemplo, Eugenio sempre debuxaba buses, e era incribel. Fixo un libro xunto cunha artista belga, chamado “Capolínea”, no que él, artista “outsider”, debuxaba o exterior e ela o interior dos buses. Todo o texto eran frases e cousas que podes oír cando vas viaxando neste transporte.
Outros eran extremadamente sinceros, outros super agarimosos e outros uns pequenos toxos, había de todo… Había unha rapaza, Aurora, que tiña un talento grandísimo, bueno, todos en xeral tiñan unha forma moi especial de sintetizar a realidade e plasmarla no papel. Pero esta rapaza, prácticamente non falaba, pero en cambio lle poñías música, a clásica especialmente,  e á sua maneira a cantaba, a cantaba todo o tempo, era belísimo.

Fabiola Quintela cos compañeiros Fabiola Quintela xunto ao titor e un compañeiro

Venres

Os venres era o meu día favorito, cada día da semana viñan tres ou catro chavales, e o venres viñan, ela, e dous máis, Lorenzza, á que lle encantaban as flores, e traíame agasallos a veces, e María Victoria, esta, algunhas semanas, chegaba e a primeira cosa que facía era buscar xente á quen pintar as uñas, e logo xa se poñía a debuxar.
Parecíame precioso o apoio que  o meu tutor lle daba a todo o mundo, pero especialmente aos chavales neuroatípicos. Sempre animándoos a ir á universidade, e a que non se sentisen menos por ser diferentes, ao final, todos somos diferentes…
Gracias a él, tamén tiven a oportunidade de ir a sitios e vivir cousas únicas, como algunha mostra privada á que asistimos, ou un festival MARAVILLOSO de autoedición chamado Crack Fumetti. Se fai nun centro social qué era una antigo cárcere, “Cento celle” (cien celdas). En cada celda un ilustrador ou editorial construían o seu mundo por tres días, estaba cheo de música, arte e diversidade.

ConclusiónFabiola Quintela

En xeral eu diría que esta foi unha experiencia incribel. Aínda que tamén teño que dicir que para min non sempre foi tan fácil, ás veces, sobre todo ao principio, ao non coñecer a ninguén, sínteste un pouco soa, ou é frustrante non poder expresarte como quererías. Pero aprendes moito, sobre ti mesmo e sobre a cultura, a mente ábrese. Ao final fixen moi bos amigos, tamén aprendín a facer pasta a man, e a cociñar pratos italianos, que iso sempre é importante, ensinoume a miña casera, unha señora de 73 anos, adorabel, super moderna e con moitísimo carácter.
En resume, é bonito saír da tua zona de confort e sumerxirte noutra cultura, coñecer a xente diferente e vivir experiencias únicas.
A realidade é que foi xusto o que eu buscaba. No primeiro curso, a primeira cosa que nos mandou facer a profe de proxectos foi unha entrevista a nós mesmos. Unha das cousas que dixen foi que igual que aos surrealistas, tamén me interesaba a arte e a forma de ver a vida dos nenos e os “tolos”. Un ano e medio máis tarde, estou aquí, rodeada de xente excepcional, rodeada de “tolos” e soñadores. Pódese ser máis afortunada?