Mestre de Taller de Fotografía e Artes Gráficas

Cetinje, Montenegro

A viaxe

A viaxe en avión fíxose un pouco longa porque hai que facer escalas , á ida desde Santiago de Compostela a Barcelona e chegada a Podgorica , e a volta desde a capital de Montenegro a Londres e regreso a Santiago de Compostela.

Hai que levar toda a documentación posible: pasaporte, seguro de viaxe, seguro de responsabilidade civil, etc. Algo de diñeiro en efectivo e varias tarxetas bancarias. O pais é seguro e a xente amable e fiable. A viaxe en taxi desde a Podgorica a Cetinje custoume uns 31 €. Tamén se pode utilizar o autobús que custa uns 4 €.

Nivel de vida

O custo da vida é bastante similar ao de Galicia, aínda que hai algunhas cousas máis baratas e outras un pouco máis caras. O aloxamento está moi ben e é alcanzable. A comida se se vai ao lugar apropiado é barata, abundante e de calidade. O salario mínimo é duns 500 € polo que a xente fai os gastos necesarios e imprescindibles.

Centro 42º

O Centro de Exploración da arte 42° da Facultade de Belas Artes foi creado en 2010. O seu
obxectivo é promover a arte contemporánea e a súa produción. Dentro do Centro, hai unha
biblioteca (que abarca o material de aprendizaxe da Facultade de Belas Artes e a Facultade de Arte
Dramática ), unha galería e 2 apartamentos que ofrecen aloxamento para os profesores visitantes.

Edificio antigo da Facultade de Belas ArtesEdificio moderno da Facultade de Belas Artes Edificio moderno da Facultade de Belas Artes

A facultade de Belas Artes cambiou de edifício no 2018 e por tanto as instalacións son modernas .
Os profesores son atentos e non teñen problema en informarche de calquera dúbida que se presente .
A facultade vese ben dotada de material . O ambiente do alumnado é tranquilo e con ganas de
formarse.

aula de pintura con cabaletes Estudio de fotografía

Profesores mirando unha ampliadora

Idioma

A maioría da xente manéxase basicamente en inglés e por tanto non adoita haber problema na
comunicación se dominas algo este idioma .
A miña achega consistiu en presentar á Escola de Artes Pablo Picasso onde traballo.
Deixo máis abaixo unha série de instantáneas da miña presentación, da Facultade e dalgunhas
vistas da R. de Montenegro que tiven a sorte de poder gozar cos meus compañeiros de viaxe e
intercambio Antón e Euphran.

Presentación do profesor Gonzalo Varela