Profesor de deseño gráfico e Ilustración
A acollida na cooperativa de actividades artísticas Árvore en Porto foi moi amable e cordial. Durante todo o tempo da miña estancia existiu un intercambio constante de experiencias e sistemas de planificación cos técnicos en estampaxe, algún deles moi interesantes e de futura aplicación nalgunhas das materia que imparto, e é unha boa experiencia, frutífera e amplamente aconsellable, require un esforzo de adaptación ás diferentes formas de traballar pero que sen dúbida é favorable.