EESS 3º Diseño Gráfico

Matosinhos, Porto

O ano pasado decidín solicitar a beca Erasmus para poder realizar o meu último curso no extranxeiro.
Decanteime por Portugal, en concreto pola Escola de Matosinhos, en Porto. Xa que dende sempre sentín a curiosidade de vivir neste país tan proximo ao meu, e sen dúbida algunha acertei na miña decisión.

A miña experiencia foi moi grata por un sen fin de razóns;
Dende un punto de vista académico a ESAD de Matosinhos, é unha  escola que conta cun grande prestixio internacional. O trato por parte desta foi moi bo; o profesorado está moi atento a calquera tipo de dúbida e sempre busca a maneira de axudarche. Tómanse moi en serio ao alumnado internacional e interésanse en que tanto os alumnos portugueses como os erasmus aprendan uns dos outros.

Idioma

A maioría das clases son case sempre en portugués cun apoio en inglés. Nalgúns casos as clases eran únicamente en inglés aínda que houbera alumnado portugués, simplemente para facilitar a comprensión do alumnado erasmus.

Aprendizaxe

As diferentes materias que cursei na ESAD e a forma de levalas a cabo fixéronme aprender moito. Tanto por parte da propia materia, como por parte dos meus compañeiros. Tamén me levei unha grata sorpresa con algunhas materias que nunca tivera antes, e que espertaron en min unha grande curiosidade dentro da miña disciplina.

Porto

Por outra parte a cidade de Porto é unha preciosa cidade en todos os sentidos, e garda un encanto exemplar. Conta cun gran caracter artístico e tradicional e ao mesmo tempo podes encontrar moita diversidade cultural, xa que está afeita ao turismo e a diversidade de idiomas e culturas, e hai un gran ambiente internacional.

Ponte Don Luís I

Amizades

Esto abreche as portas a coñecer xente de diferentes lugares indepentemente de que estea na propia escola ou non. Xa que a propia rectoría da universidade de Porto fai o posible por xuntar a todos os Erasmus independentemente da carreira ou faculdade na que se encontren. Facendo excursións e quedadas, nas que podes coñecer a xente de diferentes nacionalidades e practicar o idioma estranxeiro. No meu caso tiven a sorte de coñecer a xente moi interesante,  que fixo da miña estancia unha experiencia maravillosa. Unha experiencia moi enriquecedora en todos os sentidos; tanto académico, como persoal.
Por isto e moito máis recomendo a experiencia eramus sen lugar a dúbidas.