Alumna de Fotografía
Ola, chámome Natasha, estou rematando segundo de fotografía e solicitei facer as prácticas de empresa no estranxeiro cun Erasmus.
No momento considerei que era unha gran oportunidade na miña vida o de traballar no estranxeiro, saber como funcionan as cousas fóra do meo ámbito habitual.
Nesta viaxe crecín en moitos aspectos, tanto no persoal como no laboral.
Traballei nun estudo fotográfico de Bristol, Inglaterra, alí encargábame de facer as fotos de pasaporte e visas, restauración de fotos, entre outras cousas, o mellor non foi o traballo desexado para min porque non fixen fotografías no tema que máis me gusta, pero aprendín moitísimas cousas,
e os meus compañeiros de traballo e a miña xefa tratáronme como unha máis do equipo o cal me axudou moito á hora de desenvolverme no traballo.
Está claro que non todo é perfecto, eu ao principio quería volver a miña casa porque tiña morriña, pero a medida que ía pasando o tempo acostumeime a como funcionaban as cousas alí, a lingua. a
xente… Aprendín a desenvolverme por min mesma e obtiven máis capacidade de saber afrontar problemas sen axuda de ninguén, porque alí estás completamente soa e iso ao principio da medo. Pero agora o
vexo e sei que é a mellor maneira de crecer, de saír desa burbulla de comodidade que tes na túa casa.
Entenderme coa xente ao principio non foi fácil, sempre tiña que pedirlles que me repetiran o que me estaban a dicir, pero despois dun tempo, sendo o inglés o único que oes o teu odio adaptase e vaste acostumando pouco a pouco, tanto que ao final olvidas palabras en español cando volves a
España.
En xeral o Erasmus é unha experiencia que recomendo moitísimo a todo o mundo, un consello que me gustaría darlle a todas as persoas que queiran facelo é que dispoñan de diñeiro suficiente para realizalo, porque desta maneira poderían facer moitísimas máis cousas, como ir a museos, comer
mellor, visitar todos eses lugares turísticos e non tan turísticos.