Faenza, Italia
Fixen o meu Erasmus no ISIA Faenza no primeiro trimestre do curso 2022-2023 e teño todas boas experiencias. Decidín vivir en Bologna e ir en tren a clase, para poder gozar desta cidade. Bologna é unha cidade moi artística, con moitas iniciativas moi interesantes, exposicións… e o ambiente é inmellorable. No ISIA aprendín diferentes formas de abordar o deseño e os proxectos. Tamén puiden aprender moitísimo dos profesores, moi especializados e tamén esixentes, que che axudaban para chegar a bos resultados. Unha experiencia total, da que aprendín moito e levo amigos e momentos inesquecibles.