Profesor de Deseño Gráfico

Un parágrafo calquera dalgunha das crónicas que sobre cidades invisibles escribiu Marco Polo, facilitará unha explicación clara e precisa ó viaxeiro. Pola contra, chegar alí serve para comprobar que Tirana, a capital de Albania, é algo inexplicable.

No mes de decembro de 2017, na última semana de clases, disfrutei dunha mobilidade Erasmus+ a Albania promovida polo consorcio CARTES, coincidindo tamén cunha profesora de deseño gráfico da escola de Avilés. A pesar de ter so unha duración de cinco días a experiencia foi moi fructífera e productiva en diferentes maneiras.

A University of Arts de Tirana integra arredor dun mesmo patio, os edificios do conservatorio musical, á escola de artes escénicas e a escola de artes visuais. A resultas de esto, respírase alí unha envidiable atmósfera artística. Todo o  equipo docente do centro de acollida foi moi amable e cordial. Nas mañás dos primeiros días ensinarónos as aulas e os diferentes obradoiros da escola. Vimos os alumnos traballando en proxectos que ainda sen relación directa ca disciplina na que son profesor, resultaronme moi interesantes. Penso en concreto nos exercicios preparatorios para o desarrollo dun deseño textil.

Na mañá do terceiro día xunto ao profesor de deseño gráfico, revisamos e comentamos proxectos intercambiando ideas cos alumnos. Algúns deles sorprendéronos con propostas verdadeiramente audaces.

Ademáis dos edificios das diferentes escolas de artes o campus universitario tamén conta cunha galería de arte. Esta galería non é que sexa importante dentro do campus, é un espazo expositivo relevante dentro da cidade. Ó rematar as clases fumos ata alí para ver “Flower Power”, unha mostra da obra máis recente do propio director da escola de Tirana. O traballo combinaba escultura, instalación, collage e pintura. Disfrutamos moito da visita e da conversa que tivemos.

Na mañá do cuarto día asistimos ó centro para facer unha presentación e falar do programa Erasmus. A idea era amosar os alumnos de Tirana as posibilidades que ofrece a EASD Pablo Picasso. En xeral mostráronse interesados, concretamente fixeron preguntas sobre os estudos de fotografía e deseño gráfico.

O último día da nosa estancia, o profesor de historia da arte amablemente ofreceuse a levarnos de visita a Durrës, unha cidade costeira a trinta kilómetros de Tirana que ten un importante patrimonio da época do imperio romano. Alí tamén nos fixo unha completa visita guiada ó museo arqueolóxico explicando detalles e anécdotas que doutra forma non teríamos coñecido.

As tardes que tivemos libres en Tirana as aproveitamos visitando monumentos, museo de arte contemporáneo, museo de historia nacional… Tirana é unha cidade perfecta para perderse. Os que teñades a sorte de visitala recordade que camiñades por riba dunha xigantesca capa de realidade aumentada. Os sabios zahoríes o confirman. No substrato fundamento de todas esas formas de vida atópase soterrado o caudal xeneroso dunha vibrante alucinación.