Alumna de EESS Deseño Interiores

A miña experiencia Erasmus foi bastante sorprendente. Decidín ir a Italia á cidade que se chama Frosinone e que está a puco mási dunha hora de roma. Sitios para visitar en Frosinone hai poucos, a cidade ten o seu encanto, especialmente a parte alta na que se atopa o centro histórico pero en só un ou dous días pódese visitar todo; na parte baixa, que é máis moderna, é onde se atopan máis tendas, lugares de lecer e un anfiteatro ao que lle construíron prácticamente enriba e non está ben conservado. Falando un pouco cos meus compañeiros descubrín que Frosinone era un cidade de paso, onde case todos os estudantes eran de cidades ou vilas veciñas e ao remataren as clases voltaban á súa casa. Isto dificultou a creación de relacións persoais.

Ademais de estudantes de cidades veciñas, quedei sorprendida polo alto número de alumnos internacionais dos cales destacaban os colegas chineses, ademáis dos estudantes Erasmus dos cales no meu período de estadía non había demasiados.

A academia ten duas sedes, unha delas, o Palazzo Tiravanti fai  á vez de museo de arte contemporánea e todos os xoves houbo unha conferencia con algún personaxe italiano relacionado coa arte. Persoalmente, a metodoloxía de traballo que se levaba a cabo resultoume moi diferente, primeiro houbo dous horarios un para a semana A e outro para a semana B. Así que nalgunhas asignaturas só tiven cinco clases nos 4 meses que durou a miña estadía. En segundo lugar, as clases están organizadas como un taller, moi artísticas e moi longas de 5 a 10 horas. Esta experiencia non saíu completamento coma a tiña planificado, pero aínda así, penso que marcharme Erasmus é unha oportunidade que paga a pena.