Saraxevo

Motivado coa colaboración da nosa escola con centros de outras nacionalidades para o fomento dos programas de movilidade de alumnado Erasmus+ realicei una visita preparatoria á academia de Belas Artes de Saraxevo (Bosnia-Herzegovina). En consecuencia, e para facilitar información a quen lle poida interesar, farei una aproximación ao que se pode facer alí.

En primeiro lugar falarei do pais e da cidade sendo que é un país pequeno (3 millóns e pico de habitantes) situado na península balcánica que non pertence á CE estando moi marcado pola guerra sufrida nos anos 90 e pola maioría musulmá. A capital, Saraxevo está situada a 500 metros sobre o nivel do mar (chega a 700 nalgún barrio) así que no inverno vai moito frío e están moi presentes recordos dos JJOO realizados na mesma. A moeda non é o Euro, senón o Marco Bosnio pero a vida é relativamente barata ao cambio, podendo comer nun restaurante por 5 euros, unha Coca cola vale 80 céntimos e o prezo dos alugeres é moderado.

A Escola

En canto á escola comentar que tanto o edificio como a ubicación son inmellorables estando ubicada no centro de Saraxevo.

A escola é pequena e coexisten os seguintes departamentos:

  • Departamento de Pintura
  • Departamento de Escultura
  • Departamento de Gráficos
  • Departamento de Deseño Gráfico
  • Departamento de Deseño de Produto

 

Para maior información sobre os estudos hai que poñerse en contacto con eles en alu@alu.unsa.ba xa que non teñen plans de estudos publicados

O enderezo web é: www.alu.unsa.ba

De necesitar calquera información non dubidedes en porñervos en contacto comigo, Xaime Rodríguez titor de 1º de Ilustración.