Mollas? é un proxecto expositivo que recolle unha selección de propostas de dous proxectos do alumnado de 2º de EESS Deseño Gráfico.

7 pans é o tema do proxecto de marca. O obxectivo foi diferenciar un establecemento que reúne 7 pans de prestixio, auténticos, naturais e tradicionais de panadarías da comarca.

Ovos de galiñas que corren felices polo campo é o tema do proxecto de packaging. Tratábase de diferenciar un produto de máxima excelencia -seis ovos de produción ecolóxica de galiñas en liberdade alimentadas sen pensos- e conseguir un packaging que resolvese a función práctica e comunicacional.