A EASD Pablo Picasso da Coruña organiza un curso monográfico de 14 horas (6 horas presenciais + 8 non presenciais) de Iniciación á Programación Web Responsive impartido por Charo Carril.

O número máximo de asistentes será de 20 persoas.Este monográfico está dirixido ao alumnado das EASD de Galicia. Terá prioridade o alumnado de 4º curso 2023/24 da EASD Pablo Picasso. Se hai máis solicitudes que prazas teráse en conta a orde de inscrición.
Abordaranse algúns dos aspectos esenciais para formalizar a estrutura dun sitio web de acordo cos requisitos funcionais dos actuais dispositivos de interacción electrónica.

  1. Introdución a HTML5 e CSS3.
  2. Sistemas responsive en programación web.
  3. Introdución a Flexbox.
  4. Introdución a GridLayout.
  5. Recursos ChatGPT para programadores web.

Nivel: iniciación (requírese coñecementos de Abobe Creative Suite e deseño web)

INSCRICIÓN
Do 28 de maio ao 14 de xuño na oficina da EASD Pablo Picasso, en horario de 10 a 14h.
Deberá presentarse o formulario debidamente cumplimentado e unha copia do DNI: Descargar formulario monografico programación web responsive.

DATAS E HORARIO DO CURSO
Presencial:
– xoves 20 de xuño, de 17 a 20h.
– martes 25 de xuño, de 17 a 20h.

Online:
– venres 21 de xuño, de 17 a 19h.
– mércores 26 de xuño, de17 a 19h.
– xoves 27 de xuño, de 17 a 19h.
– venres 28 de xuño, de 17 a 19h.