A EASD Pablo Picasso da Coruña organiza un curso monográfico de 16 horas de dourado e prateado ao mordente con distintos acabamentos polícromos, impartido polo mestre de taller Carlos Isla Fernández.
Esta actividade vai dirixida a toda a xente que queira iniciarse na arte de dourar ou mesmo afondar nalgúns aspectos relacionados coa mesma.
O número máximo de asistentes será de 10 persoas. No caso de haber máis aspirantes que prazas, levarase a cabo un procedemento selectivo.

INSCRICIÓN
Do 24 ao 30 de abril na oficina da EASD Pablo Picasso, en horario de 10 a 14 horas.
Deberá presentarse o formulario, debidamente cumplimentado, e unha copia do DNI.: Descargar formulario.

DATAS E HORARIO DO CURSO
Luns e martes de 18h a 20h.
Comezo: luns 6 de maio de 2024.
Remate: martes 28 de maio de 2024.