A Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso da Coruña organiza dous obradoiros de iniciación á Fotografía impartido polos profesores Cándido Díaz e Bernardo Villanueva.

Ambos os dous cursos son gratuitos e ofrécense a calquera persoa, agás o persoal da EASD, que sexa maior de 18 anos de idade. O centro aportará o material básico e imprescindible. Para poder asistir a esta actividade é precisa a inscrición para a realización dunha proba de selección.
Esta proba determinará as persoas que, logo de formalizar a matrícula pertinente, asistirán ao obradoiro. Unha vez rematado o obradoiro, entregaráse a cada un dos participantes un certificado de asistencia e aproveitamento.

INTRODUCIÓN ÁS ORIXES DA FOTOGRAFÍA. CÁMARA TÉCNICA Profesor: Cándido Díaz Mosquera

Clases teórico-prácticas onde o alumnado coñecerá as orixes da fotografía desenvolvendo un exercicio con cámara técnica, unha evolución das primeiras cámaras fotográficas da historia, revelando a placa no laboratorio.

Prazas: 12 Lugar: Aula estudo de fotografía da EASD

Temporalización: 7 sesións de 3 horas, martes e xoves de 10 a 13 h.

Data de inicio: 24 de marzo de 2020.

INTRODUCIÓN Á FOTOGRAFÍA DIXITAL: TOMA, EDICIÓN E FORMATO FINAL

Profesor: Bernardo Villanueva Fernández.

Clases teórico-prácticas nas que nos achegaremos á fotografía dixital, desde a toma ao revelado com Camera Raw e o arquivo final.

Prazas: 10

Lugar: Aula 11 da EASD

Temporalización: 7 sesións de 3 horas, mércores e xoves de 18 a 21 h.

Data de inicio: 25 de marzo de 2020.

PROBA DE ACCESO: Terá lugar o 18 de marzo das 12 ás 13 horas. Para a realización desta proba será preciso traer un lápis ou grafito. Consistirá na execución dun esbozo para facer unha fotografía no primeiro andar da Escola, indicando con claridade a intención do suposto resultado.

Información e solicitude