Queredes saber como era o nadal antes de Cristo? Como festexaban os nosos ancestros o nacemento do sol?

O martes, 19 de decembro ás 11h no Salón de actos, Lidia Mariño  ven falar con nós sobre a árbore do mundo e o ritual do Tizón de Nadal. A partir desta e doutras tradicións de Nadal que se conservan en Galicia -así como noutros lugares de Europa- reconstruirá como era o Nadal precristiá, xa que  estas tradicións son un remanente de como se celebraba o solsticio de inverno antes da chegada do cristianismo.

Despois, poderemos celebrar o Nacemento do Sol facendonos unhas fotos na instalación realizada polo alumnado do CS de Dourado, ubicada na entrada da Escola.

Actualmente, Lidia está rematando o Grao de Antropoloxía Social e Cultural na Uned. Realizou varios cursos de extensión universitaria sobre antropoloxía, mitoloxía e ritualística galega; así́ como de investigación etnográfica, rituais con máscara, prehistoria, crenzas medievais e sobre as relacións entre a Natureza e a Cultura. En 2012 publica a novela histórica “La verdad del bufón”, no 2018 participa no libro colectivo “Achegas ao Patrimonio Inmaterial Galego” e en 2022 no de “Terapie Ancestrali” co seu capítulo sobre a medicina tradicional galega. Ten publicados numerosos artigos, así́ como tamén impartido conferencias, sobre diversos aspectos da mitoloxía, os ritos e as crenzas galegas O seu tema fundamental de investigación é a figura da Vella mítica, que estuda aplicando os métodos da mitoloxía comparada. A esta personaxe está dedicado o seu blogue “Tralas pegadas da Vella”. Actualmente é colaboradora do programa da Televisión de Galicia “Quen anda aí?”, onde ten unha sección dedicada a crenzas e rituais.

#creatividadeconvistas #CSDourado #solsticio2023

Foto de OC Gonzalez en Unsplash