O xoves, 7 de abril, ás 12:00h no Salón de Actos da EASD Pablo Picasso.
Óscar Blanco falaranos dos recursos, técnicas, consellos, medios e formas de realizar fotografía nocturna, na que o principal protagonista sexa o ceo estrelado e a súa combinación coa paisaxe natural e humano. Comentaranse conceptos relacionados coa toma de imaxes principalmente, pero sen esquecer o revelado dixital e o procesado.
Óscar Branco Varela, é un apaixonado pola observación do ceo e afeccionado á astronomía por vocación. Comeza a traballar no mundo da fotografía aos 15 anos, con cámaras reflex analóxicas Yashica. A astronomía foi o motivo polo que empeza a facer fotografías, pero pronto amplía o seu mundo da fotografía cara outras vertentes (paisaxe, foto urbana, etc.). É socio fundador da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, da que foi presidente entre 2002 e 2014, e divulgador e habitual conferenciante en temas relacionados coa astronomía. Ademáis colabora en espazos sobre ciencia en Onda Cero de maneira semanal e noutros medios de forma habitual.
“Astrofotógrafo” especializado en gran campo e paisaxe nocturna. Sempre en evolución e probando técnicas e equipos novos. Amante das viaxes en busca de paisaxes diferentes, en moitos casos seguindo efemérides como as eclipses totais de Sol (5 observados até agora, en Turquía, China, Australia, Illas Feroe e Indonesia), así como tamén das auroras e os ceos austrais.